O delegado territorial explicou que se renovou o firme da vía que conduce a Casela e á Rúa de Arriba, así como á igrexa e o camposanto de Santiago de Viladonga
Castro de Rei, 2 de agosto de 2024. A Consellería do Medio Rural investiu 48.200 euros no acondicionamento dos accesos a varios núcleos de poboación da parroquia de Viladonga, no municipio de Castro de Rei, a través das achegas do Plan de Infraestruturas Rurais (PIR).
O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, comprobou hoxe xunto co alcalde, Francisco Balado, o resultado dos traballos executados na estrada que parte da N-640 e discorre por Casela, Rúa de Arriba e a igrexa e o camposanto de Santiago de Viladonga, e tamén en dous ramais que conducen a vivendas e garaxes e a unha vía municipal.
Acondicionáronse en total preto de 1,4 quilómetros de vía; 925 metros corresponden á estrada principal, onde se renovou por completo o firme con dobre rego asfáltico previa regularización do terreo e o ensanche dalgúns puntos. Aplicouse unha capa de reforzo da plataforma nas curvas existentes entre os puntos quilométricos 0,300 e 0,500, para permitir o paso de vehículos con maior radio de xiro.
Así mesmo, procedeuse á limpeza ou reapertura das cunetas para evitar a acumulación de augas de escorrentía, pintáronse as marcas viarias e instalouse a sinalización horizontal necesaria. Ademais, acometeuse o reforzo e rexeneración do firme dos ramais, de 300 e 150 metros de lonxitude.
Arias subliñou a colaboración da Xunta cos concellos para mellorar as infraestruturas e dotacións no rural, “contribuíndo a vertebrar o territorio e á cohesión social, mellorando a calidade de vida e de traballo nos pobos para lograr o obxectivo de dinamizar o tecido produtivo e fixar poboación nova”.


















A mostra inaugúrase o luns 19 de outubro ás 12.00 horas na Casa da Cultura, onde permanecerá aberta ao público ata o 19 de novembro. A iniciativa, promovida polo Concello, ofrece unha selección de obras nas que o artista explora a cor, a luz e a expresión contemporánea, consolidando a súa traxectoria dentro deste movemento artístico.
Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
O paseo polas rúas da vila xunto as Sanluqueiras e Sanluqueiros e o pregón de Luis Rego marcaron o arranque oficial das feiras e festas mindonienses, que chegan este ano a edición 870. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora de forma estable e continuada coa Asociación As San Lucas de Mondoñedo, cunha achega da área de Cultura que este ano -coincidindo coa 870 edición- incrementou dos 20.000 aos 30.000 euros.
Trátase dunha iniciativa que favorece a colaboración entre o tecido asociativo e o voluntariado para mellorar e conservar as contornas naturais do municipio. Os traballos centráronse na limpeza deste espazo costeiro, contribuíndo ao seu coidado e á conservación do medio natural. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata a praia para acompañar as persoas participantes nesta iniciativa agredecendo a implicación de Mistura de Lieiro e das persoas voluntarias que participaron nesta xornada, contribuíndo, coa súa colaboración, a manter limpos e coidados os espazos naturais de Cervo.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.



