A xornada celebrarase o 28 de agosto e as persoas interesadas poden inscribirse presencialmente no Concello ou no teléfono 982.51.03.05
Vilalba, 20 de agosto de 2024. O Concello de Vilalba celebra o próximo mércores 28 de agosto a tradicional Xira dos Maiores na área recreativa da Madalena.
A xornada comezará ás 12:30 horas cunha misa que contará coa participación da coral Luar, á que seguirá unha sesión vermú amenizada polo dúo Venus, un xantar popular, baile e música, de novo, co dúo Venus.
O menú nesta ocasión estará composto por xamón asado, polbo, churrasco, postre e café, cun prezo de 20 euros por persoa. Para poder gozar do mesmo será imprescindible anotarse antes deste venres, 23 de agosto, podendo facelo presencialmente na Casa do Concello ou chamando ao número de teléfono 982.51.03.05.
“É unha xornada perfecta para a fraternidade e os reencontros, á que convido a todos os veciños e veciñas de Vilalba pero tamén ás persoas de municipios limítrofes que xa teñen como tradición asistir a esta cita ou que poden facelo por primeira vez este ano, pois estou segura que gozarán da mesma e quedarán con ganas de repetir”, sinalou a alcaldesa de Vilalba, Marta Rouco.





















A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



