As obras, cun orzamento de máis de 54.000 euros, suporán un importante aforro enerxético, económico e medioambiental para o Concello
Vilalba, 22 de agosto de 2024. O Concello de Vilalba mantén aberto o proceso de licitación do proxecto de aforro e eficiencia enerxética dos vestiarios do pavillón deportivo municipal localizado na Rúa Cuart de Poblet e empregado, fundamentalmente, polo alumnado do CEIP Insua Bermúdez.
Será ata o vindeiro 29 de agosto cando as empresa poidan presentar as súas ofertas para unhas actuacións cun orzamento de 54.543,56 euros con cargo ao Fondo de Cooperación Local da Xunta de Galicia.
En concreto, os traballos centraranse na colocación dunha nova chapa sándwich na cuberta, a colocación de carpintería metálica exterior de PVC e a limpeza e reparación da fachada mediante o selado de gretas, a reparación de descolchóns e o pintado exterior e interior con pintura impermeabilizable.
“Un proxecto importante co que se pretende dotar de maior confort e comodidade aos usuarios desta instalación deportiva, sendo estes fundamentalmente os alumnos e alumnas do CEIP Insua Bermúdez”, explicou a alcaldesa de Vilalba, Marta Rouco.
Ademais, as actuacións terán un obxectivo principal: o aforro e a eficiencia enerxética, polo que incluirán a substitución dos 2 termos de auga quente actuais por unha bomba de calor que emprega a aerotermia tanto para a calefacción como para a dotación de auga quente sanitaria.
Nesa liña, a rexedora, Marta Rouco, explicou que se trata “dunhas obras baseadas na sostibilidade, o que repercute nun importante aforro enerxético e medioambiental para o noso Concello, pero tamén nun destacable aforro económico para as arcas municipais”.
Finalmente Rouco salientou “a celeridade coa que se sacou adiante este proxecto, recentemente aprobado no último pleno ordinario da corporación e que terá un prazo de execución de entre 2 e 4 meses, polo que está previsto ver rematadas as obras para comezos do ano que vén”.




















No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



