O último sábado de agosto andiven pola Cedofestiña, a segunda que se fai despois da inicial o pasado ano. Foi organizada polo colectivo ribadense Vacas Fracas no Pazo de Cedofeita. Unha boa festa nun entorno agradable.
Unha pequena festa cultural. Primeiro, festa, diversión amigable. Polo ambiente, case evento privado entre amigos, algo que o éxito de asistencia non deixou ser. Pero tamén, e de xeito inseparable, cultural, coa cultura como base, cine, tertulia, visita, música e música. Arte. E os subministros, claro, de bebida a comida pasando por camisetas. Aí estaban Inés, Andrés ou Andrea, e outros membros do colectivo traballando e coordinando, dende antes e ata despois. Unha festa relaxada en contraste coas festas para turistas ou mesmo para nativos turistificados. Ben, este ano. Tras o éxito, pregúntome se poderá en anos sucesivos seguir a manter ese carácter.
O espazo de acollida, o Pazo de Cedofeita, acomódase ó dito ‘se ten capela, pombal e ciprés, pazo é’. E correspondendo co seu ser, brindou fermoso acubillo, lugar e edificio, para desenvolver as actividades, que comezaron precisamente pola visita ó pazo da man de César para coñecer o lugar. Terras e pombal, muro e patio, cociña, salón, habitacións, capela e torre, espazos de paso e almacén… Un lugar de onte, dende os séculos XV-XVI, valorado hoxe e aproveitado para (e que se aproveita de) esta festa. Unha festa-actividade que tamén pon en valor o espazo.
Antes mesmo de comezar, a charla entre amigos e coñecidos tomando algo do improvisado bar e tenda (en estancias próximas, mais separadas) acendeu a mecha do encontro e da celebración.
E viñeron as curtas, presentadas por Alba. A diversidade da xente asisten foi unha nota distintiva ós meus ollos. Lixo, primeiro, Mañá, despois, e para rematar, A mirada delas, foron vistas polos asistentes no ateigado salón do pazo nunha tarde que ameazaba chuvia. E a seguir, no mesmo lugar, coloquio: mulleres, artistas, ribadenses. Alí, a escritora Lucía Ferro, Clara Maseda, directora da última das curtas, e Sandra González, creadora de Viva la Pepa, foron acompañadas pola resposta en vídeo da multiartista Rosalía GT nunha comunicación compartida, interesante dende moitos puntos de vista, a máis de reflexiva e peiteando un panorama amplo da actualidade artística en relación co rural.
O espazo de intercambio estaba aberto, mais a continuación e pola ameaza de choiva, os concertos, a música, fíxose en cerrado. Catuxa Salom creou e acompañou o ritmo da xente nun reducido e cálido espazo, e abriu paso a Kornucopia ou Tapete, nunha segunda parte de actividades que foi de cultura musical e que volveu aglutinar dende o comezo á xente que cabía no local, mantendo o ambiente fóra del.
Desas cousas das que pensas: recuncarei!

















A mostra inaugúrase o luns 19 de outubro ás 12.00 horas na Casa da Cultura, onde permanecerá aberta ao público ata o 19 de novembro. A iniciativa, promovida polo Concello, ofrece unha selección de obras nas que o artista explora a cor, a luz e a expresión contemporánea, consolidando a súa traxectoria dentro deste movemento artístico.
Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
O 112 Galicia tivo constancia dos feitos contra as 19:30 horas deste venres, a través dun particular que se atopaba no punto: un coche que participaba nunha proba de rallye en San Fiz de Paz (Outeiro de Rei) perdeu unha roda, e esta acabou golpeando a un espectador, quen precisaba asistencia sanitaria. De inmediato, desde o 112 Galicia informouse a Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil. Foi a propia organización do evento a que se fixo cargo do traslado.
O paseo polas rúas da vila xunto as Sanluqueiras e Sanluqueiros e o pregón de Luis Rego marcaron o arranque oficial das feiras e festas mindonienses, que chegan este ano a edición 870. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora de forma estable e continuada coa Asociación As San Lucas de Mondoñedo, cunha achega da área de Cultura que este ano -coincidindo coa 870 edición- incrementou dos 20.000 aos 30.000 euros.
Trátase dunha iniciativa que favorece a colaboración entre o tecido asociativo e o voluntariado para mellorar e conservar as contornas naturais do municipio. Os traballos centráronse na limpeza deste espazo costeiro, contribuíndo ao seu coidado e á conservación do medio natural. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata a praia para acompañar as persoas participantes nesta iniciativa agredecendo a implicación de Mistura de Lieiro e das persoas voluntarias que participaron nesta xornada, contribuíndo, coa súa colaboración, a manter limpos e coidados os espazos naturais de Cervo.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.



