“Afogan aos concellos, pasar de 66 a 108 euros por tonelada de residuos é desproporcionado”, engade Marta Rouco
Vilalba, 5 de setembro de 2024. A alcaldesa de Vilalba, Marta Rouco, advirte “do grave impacto sobre o orzamento municipal do ano 2025 que terá a subida do canon de Sogama anunciado pola Xunta de Galicia”, unha decisión unilateral do goberno galego “que unha vez máis afoga a economía dos concellos”.
Rouco únese aos numerosos alcaldes e alcaldesas de toda Galicia que esixen “unha rectificación e unha negociación cos concellos, xa que o incremento é desproporcionado”.
A Xunta anunciou hai uns días un canon único e incrementado para todos os concellos, que no ano 2025 pasará de 66 euros por tonelada de residuo a 108 euros. No caso de Vilalba, ista subida suporá pasar de pagar uns 340.000 euros a 560.000 euros.
Ista decisión únese á que tomou a Xunta no mes de xuño, cando fixo pública a intención de Sogama de suprimir a bonificación do 15% aos concellos que reciclaban de forma correcta.
“O imposto estatal ao que fan referencia para xustificar a decisión non foi creado polo Goberno central, é un imposto derivado dunha Directiva europea que xa se aplica na maioría dos países europeos en determinadas situacións”, lembra a alcaldesa.
Este imposto grava en concreto a incineración e o depósito en vertedoiro, “as fórmulas que usa Sogama de forma prioritaria, en contra de todas as recomendacións europeas e en vez de apostar por un plan de residuos que fomente a reutilización e a reciclaxe”.
“A viabilidade dos concellos está en risco e esta medida agrava a situación, non podemos continuar así, cando ademais no caso de Sogama o 49% está en mans privadas”, remata Rouco, que demanda “diálogo e atopar solucións para que non sexan os concellos os que afrontan esta subida”.




















A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



