No proceso en trámite na Xunta que tramita o proxecto industrial estratéxico dunha industria de fibra téxtil a base de celulosa en Palas de Rei, promovido pola empresa Greenfiber, S.L. e da que é socia maioritaria a portuguesa Altri (proxecto Altri) a Secretaría Xeral de Industria non contou co Consello da Cultura Galega (CCG) como institución que habería emitir informe previo a respecto do procedemento en curso, que tramita a solicitude de autorización ambiental, o estudo de impacto ambiental e máis a declaración de utilidade pública (con efectos expropiatorios) deste proxecto.
De todos os xeitos o informe foi elaborado por unha equipa multisciplinar de dez expertos e aprobado pola Comisión Executiva do CCG, que é unha institución estatutaria autónoma e independente a respecto da Administración autonómica galega, sendo publicado hai moi poucos días. Na súa liña cotián e reiterada de facer oposición a calquera iniciativa mínimamente crítica co Goberno Rueda e amosando un claro descoñecemento do Dereito Público Galego, a secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, denunciou que o CCG non era quen para emitir informe a respecto dun proxecto industrial complexo, como o devandito.
Paula Prado trabúcase por descoñecemento ou tenta confundir. O CCG foi creado polo Estatuto de Galicia (artigo 32) como institución para a defensa e promoción dos valores culturais do pobo galego, com expresas competencias de asesoramento, consulta e informe aos poderes autonómicos no que xulgue preciso para as devanditas finalidades, sendo competente o propio Consello para determinar cando compre esta función de informe, asesoramento ou consulta (artigo 6 da Lei 8/1983, do CCG). O mesmo artigo outórgalle competencia para analizar cantas cuestións se refiran ao patrimonio cultural galego e o artigo 7.1 da Lei 5/2016, do patrimonio cultural galego defíneo como o máximo órgano de asesoramento e consulta dos poderes públicos galegos no que atinxe ao patrimonio cultural.
Entón, é evidente a competencia do CCG, xa que o proxecto Altri afecta ao ao Camiño francés de Santiago, ao Castelo de Pambre e a outros elementos patrimoniais. Mais a competencia do CCG é moito máis intensa e extensa se a analizamos no contexto europeo. Velaí a Declaración de Cáceres (2023) dos Ministros de Cultura da UE no que se recoñece a indisolubilidade entre o patrimonio cultural, a economía e o territorio. Porque na UE actual a protección do patrimonio cultural relacíonase indisolúbelmente co patrimonio ambiental, coa política territorial e, xa que logo, coas políticas industrial e de promoción económica.
Esta competencia complexa, que atinxe a un feixe de cuestións moi vencelladas (protección ambiental, hidroloxía, elementos do patrimonio cultural, paisaxe, emisións contaminantes, política agraria, turismo, desenvolvemento rural, saúde pública…) esixiu a participación coral de dez expertos de recoñecido prestixio académico e profesional dentro e fóra do país. Que, dende logo, nada gañan e abondo arriscan pondo en negro sobre branco unhas conclusións que reflicten a inconveniencia do proxecto Altri a respecto do noso patrimonio cultural e ambiental e-tamén- a respecto do noso territorio e da nosa economía.



















No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
A convocatoria está fixada para as 19.30 horas no salón de sesións da Casa Consistorial. Un dos puntos da orde do día inclúe a proposta para designar as festividades locais de 2027. Tamén se presentarán dous expedientes de recoñecemento extraxudicial de crédito. Ademais, a corporación someterá a aprobación as actas das sesións celebradas os días 8 e 15 de xullo. A orde do día completarase coa parte de control, na que se dará conta das resolucións da Alcaldía e se abrirá a quenda de rogos e preguntas.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.
Villares destacou que a Administración autonómica reafirma o seu compromiso con esta cita, adicada a enxalzar a calidade deste produto do mar e a poñer en valor o esforzo dos profesionais do sector. Así mesmo, subliñou a importancia das festas gastronómicas na promoción turística e na dinamización económica da zona.
Este lume comezou o pasado mércores ás 13,35 horas e afectou finalmente unha superficie de 31,5 hectáreas de monte arborado. Para a súa extinción mobilizáronse, en total, 2 técnicos, 13 axentes, 27 brigadas, 24 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións. 



