Máis de 180 veciños e veciñas dos concellos de Lugo, A Fonsagrada, Outeiro de Rei, As Nogais e Cospeito participarán desde hoxe e ata o venres nas viaxes gratuítas á Mariña e á Ribeira Sacra que ofrece este programa
Lugo, 10 de setembro de 2024. O programa de viaxes gratuítas Coñece a túa provincia da Deputación de Lugo organiza esta semana unha ruta adaptada por Foz entre as oito que percorrerán a provincia desde hoxe e ata o venres. En total, son máis de 180 veciños e veciñas dos concellos de Lugo, A Fonsagrada, Outeiro de Rei, As Nogais e Cospeito os que visitarán estes días A Mariña e A Ribeira Sacra.
Hoxe, a asociación de veciños de Benade-Calbrava (Lugo) e Auxilia (Lugo) farán diferentes rutas pola Mariña. Os primeiros coñecerán Barreiros e Ribadeo, logo de visitar a produtora do Servizo de Audiovisuais. Os segundos participarán nunha ruta adaptada por Foz tras unha parada na Granxa Gayoso Castro para coñecer as instalacións da institución provincial; no concello mariñán visitarán o Cenima, o espazo Caritel e percorrerán o paseo marítimo.
Os veciños de Castro de Cuiñas (A Fonsagrada) e o colectivo Ríos Miño e Ladra de Martul (Outeiro de Rei) serán mañá mércores os protagonistas das viaxes do Coñece. Os fonsagradinos porán rumbo ao Saviñao tras parar no Pazo de San Marcos, e a veciñanza de Outeiro de Rei parará na Granxa Gayoso antes de visitar Barreiros e Ribadeo. O xoves As Bulidoras (As Nogais) coñecerán o traballo que se desenvolve na Produtora da Deputación antes de seguir camiño cara Riotorto e Trabada, e os veciños de San Martiño de Pino (Cospeito) percorrerán o Pazo de San Marcos antes de continuar a súa ruta polo Saviñao. A asociación Aguiar (Outeiro de Rei) pechará o venres a semana de viaxes cunha visita ao Vicedo e unha primeira parada no Mazo de Santa Comba.
Case 2.000 persoas desfrutan en total este ano da cuarta edición do Coñece a túa provincia que remata en outubro e que a Deputación de Lugo promove para dinamizar a economía local e poñer en valor o patrimonio natural, cultural e histórico do territorio.
O programa inclúe, de balde, o transporte para os traslados de ida e volta dende o lugar ou lugares de orixe, póliza de seguros de viaxeiros, menú de xantar, e entradas e visitas a diferentes lugares de interese da provincia de Lugo. Estas visitas realízanas profesionais que contan coa habilitación de guía oficial de turismo de Galicia e persoal de atención ao público nos diferentes museos, empresas ou obradoiros sinalados nos itinerarios do programa.


















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



