A programación da semana comeza este luns, día 16 de setembro, e se prolongará ata o día 22 de setembro, domingo
Burela, 14 de setembro de 2023. O Concello de Burela celebra unha nova edición da Semana Europea da Mobilidade, que terá lugar entre o luns 16 e o domingo 22 de setembro.
Será unha semana chea de actividades de moi diversa índole para promover a sostibilidade e a accesibilidade. Este ano, a campaña ten como tema o “Espacio Público Compartido”, que se suma ao ao lema da iniciativa, “Combina e móvete!”.
A alcaldesa de Burela e delegada da área de Medio Ambiente, Carmela López, quixo poñer en valor “a participación de Burela nesta iniciativa europea para fomentar a mobilidade sostible, que é un obxectivo central do noso Goberno e que se materializa no novo Plan de Mobilidade que estamos a desenvolver”.
Pola súa banda, Lina Gómez Pardo, concelleira responsable do Centro de Educación Medioambiental Gaia, destaca “a importancia de promover alternativas de transporte sustentable e de reducir o impacto ambiental das nosas actividades diarias”.
“A Semana Europea da Mobilidade é unha iniciativa moi necesaria, e o Concello de Burela participa nela ininterrompidamente dende 2007, realizando actividades toda a semana”, sinala a concelleira.
Unha das xornadas máis destacadas será a do Día sen Coches, no que o tráfico estará pechado ese día de 9:00 a 21:00 en varios tramos das rúas Rosalía de Castro, Pardo Bazán e Curros Enríquez.
“Animamos a toda a cidadanía a participar en actividades como as rutas a pé ou en bici, o rastrillo, a búsqueda do tesouro, o préstamo de bicis, ver os ensaios das diferentes asociacións e clubs”, engadiu.
Gómez Pardo quixo tamén convidar á veciñanza “a reflexionar sobre como as nosas eleccións de transporte impactan no medio ambiente e na calidade da nosa vida urbana, xa que a cooperación e o compromiso de cada un de nós son fundamentais”.
A concelleira subliñou “o compromiso do Concello de Burella tanto coa sostibilidade como con promover un estilo de vida saudable, eixos centrais da programación da Semana da Mobilidade ano tras ano”. “Queremos ter unha vila máis accesible e pensada para as persoas”, concluíu.




















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



