A iniciativa terá lugar todos os venres de outubro ás 11:00 con saída na Praza Maior, empezando o venres 4 de outubro
Viveiro, 30 de setembro de 2024. O Concello de Viveiro acollerá a partir deste venres, día 4 de outubro, as Rutas Saludables en Viveiro organizadas pola Asociación Española Contra o Cancro en Lugo.
Esta actividade terá lugar de xeito gratuíto todos os venres de outubro ás 11:00, con saída dende a Praza Maior da localidade.
O seu obxectivo é concienciar á poboación sobre a importancia de facer exercicio físico e levar hábitos saudables para previr o cancro. Polo tanto, é unha actividade dirixida a toda a poboación.
A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, agradece á AECC “o seu inestimable labor tanto axudando ás persoas con cancro como promovendo un estilo de vida saudable entre todas as persoas con iniciativas coma esta”.
As inscricións na mesma poderán ser realizadas chamando ao número de teléfono 639 262 312 ou escribindo ao enderezo de correo electrónico lugo@contraelcancer.es
Para máis información pódese contactar co número 900 100 036 ou visitar a páxina web asociacioncontraelcancer.es


























O acto inaugural tivo lugar no exterior da Casa do Concello ás 12.00 horas. O primeiro espectáculo foi a proposta itinerante ‘Animacreques’ da Compañía Catropés. A xornada completouse coa representación ás 13:00 horas na Praza da Pulida de ‘Historias para escagharriñarse’, da Compañía Teatro Ghazafelhos. Posteriormente, ás 21:00 horas e no mesmo escenario, a Compañía Colectivo Glovo representará ‘Tríade e Alleo’.
Villares destacou que a Administración autonómica reafirma o seu compromiso con esta cita, adicada a enxalzar a calidade deste produto do mar e a poñer en valor o esforzo dos profesionais do sector. Así mesmo, subliñou a importancia das festas gastronómicas na promoción turística e na dinamización económica da zona.
Este lume comezou o pasado mércores ás 13,35 horas e afectou finalmente unha superficie de 31,5 hectáreas de monte arborado. Para a súa extinción mobilizáronse, en total, 2 técnicos, 13 axentes, 27 brigadas, 24 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
Félix Jorquera pasou polos micrófonos de RadioVoz no Barco Museo Boniteiro Virxe do Carme ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.
O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.
Autoridades autonómicas, municipais e representantes da Apehl acompañaron o anuncio. O estand da marca estará na zona VIP da saída de cada etapa, onde se ofrecerán petiscos con produtos lucenses e material promocional, incluída a guía turístico-gastronómica. Cheché Real destacou a continuidade do proxecto e agradeceu o apoio institucional. A acción conta coa colaboración de numerosos consellos reguladores, entidades agroalimentarias e empresas da provincia.
Desde a entidade explican que “con este paso estratégico, la firma busca integrarse activamente en el tejido económico del municipio y colaborar de forma estrecha en la promoción de un modelo de turismo sostenible, desestacionalizado y respetuoso con el entorno natural…”. Engaden que “creemos que para proteger nuestro entorno primero debemos aprender a amarlo” e que “nuestra incorporación a ACISA representa una oportunidad idónea para crear sinergias con la hostelería, el comercio y los servicios locales”. Tamén sinalan que “la adhesión a la patronal ribadense refuerza el compromiso de la empresa con la calidad turística planificada de la zona”. Máis información en 



