Circula pola rede unha imaxe libre que representa unha rúa ciclable curta, moi curta, limitada por dúas sinais que a indican como vía para bicicletas a primeira ó comezo e fin da vía adicada a bicicletas, ó final. Está nos Países Baixos e nin asoma ós dez metros de lonxitude. Circula (a imaxe na rede) como cousa graciosa, con algún comentario como meme na procura de gargallada. Mais coido que non son o único que a ollei de xeito diferente, cun sorriso, si, pero tamén pensando nun lamento e unha explicación. Como ciclista nun país con non moitas vías adicadas ás bicicletas, un lamento de que a ruta sexa tan curta que non de tempo a desfrutala. De feito, a imaxe aparece sen bicicletas rodando por ela, algo que debe ocupar pouco tempo en relación ó total. E, a partir da propia interrogación da imaxe, unha explicación parcial como unha comunicación entre dúas vías con máis tráfico, unha vía que hai que preservar para que as bicicletas non só podan circular senón que lles deixen facelo sen contratempos.
De calquera xeito, o ver unha imaxe así fai pensar non só na burocracia senón tamén na burrocracia. Na burocracia que levaría a poñer dúas sinais tan xuntas cun custe dunha magnitude equivalente á obra en si (algo semellante ó que aquí se viu en moitos lugares cando os carteis do plan E tras a crise do 2008). E na burrocracia que permitiría dar paso a unha obra así (refírome á posta das sinais, non á obra da propia vía) fronte a outras máis relevantes, de maior aproveitamento, ou fronte á extensión desa obra para un aproveitamento superior. Ou sinxelamente, a que consideraría a necesidade de colocar as dúas sinais.
No caso das bicicletas, trouxo á miña memoria unha conversa hai abondo máis dun decenio cun concelleiro que me veu a dicir que non tiña interese en poñer carrís bici porque en Europa estaban deixando o tema como algo atrasado, que o que se procuraba era a circulación das bicicletas polas mesmas vías que o resto do tráfico. Non o vin claro en absoluto, pero sen datos a man e ante unha afirmación feita con seguridade por alguén a quen lle supoña máis coñecemento do tema ca min, só puiden expresar as miñas dúbidas. Pero vexo que hoxe, os carrís bici seguen adiante en todos os lugares. Con evolución lenta, si, pero adiante. E, cando hai algún traspés, algunha eliminación de carril, non soe tardar en refacerse con algunha variación, mellora ou extensión. Os carrís bici, polo momento e en xeral, funcionan.
A vía ciclable da foto que comento será curta e indutora de sorrisos, mais o futuro dese tipo de vías parece longo e serio, e cada vez máis.

















Os traballos, cun orzamento de case 190.000€, afectan aos catro primeiros quilómetros da vía. Habilitaranse desvíos alternativos, que estarán debidamente sinalizados.
Foi impartida polo sumiller Alberto Vega. A Masterclass buscou aportar coñecemento, fomentar a posta en valor do produto e seguir reforzando a formación e profesionalización do sector dentro da programación de Ribadeo Sabe. Ata a Praza de Abastos se achegaron o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, a concelleira de Comercio, Marta Saiz, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez. O Ribadeo Sabe terá lugar do 14 ao 17 de maio en 22 locais hostaleiros, que ultiman os preparativos para sorprender con elaboradas e saborosas propostas.
Esta nova publicación, que fai o número 19 da colección periódica do SEVA, recolle unha parte esencial do patrimonio musical e oral do Valadouro. Os compiladores da obra son Manuel Lourenzo —xa falecido—, Isaac Ferreira e Xesús Pisón, quen contribuíron a preservar e poñer en valor este legado cultural.
De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.



