O goberno local propón á Xunta de Galicia manter as dársenas actuais, habilitando un acceso aos baños e instalando paneis informativos
Vilalba, 11 de outubro de 2024. Na mañá de hoxe a alcaldesa de Vilalba, Marta Rouco, mantivo un encontro coa directora xeral de mobilidade, Judit Fontela, na estación de autobuses da vila, onde tamén estiveron o arquitecto técnico municipal e unha das técnicos da dirección xeral de mobilidade.
Logo de 9 meses agardando unha xuntanza coa directora xeral de mobilidade, a alcaldesa, Marta Rouco, conseguiu reunirse con Judit Fontela o pasado mes de xullo, cando esta última se comprometeu a visitar Vilalba no mes de setembro para estudar insitu a situación da estación de autobuses.
En vista do atraso na visita, a alcaldesa de Vilalba reiteroulle á dirección xeral de mobilidade a urxencia de encontrarse na capital da Terra Chá para ver o estado actual da estación de autobuses e estudar as posibilidades para “dar unha solución á altura do noso municipio, capitalidade da Terra Chá e localizado nun punto xeográfico estratéxico que fai que unha gran cantidade de rutas de transporte público por estrada pasen polo noso concello”, explicou a rexedora, Marta Rouco.
Esa idea foi a que a alcaldesa de Vilalba lle trasladou tamén no día de hoxe á directora xeral de mobilidade, facendo fincapé na importancia de “manter o que xa temos e que a estación de autobuses volva ser o punto central ao que chegan e do que saen todas as rutas que pasan por Vilalba”.
Nesa liña, a proposta por parte do Concello de Vilalba pasa por manter as dársenas actuais, de forma que todas as empresas de autobuses acudan a elas para deixar e recoller pasaxeiros, instalar nesa mesma zona unha infraestrutura que permita aos viaxeiros resgardarse mentres agardan, habilitar un acceso aos baños da estación e acondicionar a contorna.
Ademais, “é fundamental que se instale algún panel informativo para que os pasaxeiros poidan consultar as rutas, saber a que horas chegan ou saen os autobuses e onde conseguir os billetes”, sinalou a alcaldesa, Marta Rouco, quen explicou que “ninguén sabe dicir onde e a que hora pasan os autobuses por Vilalba porque cada empresa foi mudando as paradas e o lugar de venda dos billetes por culpa do estado no que se atopa a estación de autobuses”.
“De feito, durante a visita puidemos comprobar en primeira persoa como varios pasaxeiros, fundamentalmente peregrinos, se achegaban para preguntar onde se collía o autobús, dubidosos de que aquelo fora o lugar de parada polo estado de abandono da estación” apuntou Rouco.
Pola súa banda, a directora xeral de mobilidade, Judit Fontela, asegurou que se avaliará, mediante un estudo técnico, a alternativa proposta polo Concello de Vilalba e a posibilidade de instalar unha dársena nas inmediacións da estación, o que suporía o peche definitivo do recinto.
“A opción de instalar unha dársena ao lado da estación consideramos que non achega nada positivo. Penso que é mellor aproveitar o que xa hai que construír algo novo para deixar abandonada a estación”, apuntou a alcaldesa, Marta Rouco, quen engadiu que “nesa fórmula seguiría sen haber uns servizos mínimos porque non existiría un acceso aos baños, fundamentais para os usuarios”.
Finalmente, Rouco salientou que “a estación inaugurouse no ano 91 como un gran fito do Partido Popular pero agora os propios populares pretenden pechala definitivamente porque, segundo eles, non ten a afluencia suficiente”.
TRANSPORTE ESCOLAR
Pola súa banda, algunhas familias afectadas polos problemas co transporte escolar no colexio de Román e co transporte integrado nos institutos do casco urbano, achegaronse ata á estación en busca dunha respota á situación por parte da directora xeral de mobilidade.
Logo de que as familias e a alcaldesa lle trasladasen as múltiples incidencias que se veñen dando dende o inicio do curso, a directora xeral de mobilidade, Judit Fontela, asegurou que se estaba traballando nese tema e fixou nun par de semanas a implantación dunha solución definitiva.
























O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.
Villares destacou que a Administración autonómica reafirma o seu compromiso con esta cita, adicada a enxalzar a calidade deste produto do mar e a poñer en valor o esforzo dos profesionais do sector. Así mesmo, subliñou a importancia das festas gastronómicas na promoción turística e na dinamización económica da zona.
Este lume comezou o pasado mércores ás 13,35 horas e afectou finalmente unha superficie de 31,5 hectáreas de monte arborado. Para a súa extinción mobilizáronse, en total, 2 técnicos, 13 axentes, 27 brigadas, 24 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
Félix Jorquera pasou polos micrófonos de RadioVoz no Barco Museo Boniteiro Virxe do Carme ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.
O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.
Autoridades autonómicas, municipais e representantes da Apehl acompañaron o anuncio. O estand da marca estará na zona VIP da saída de cada etapa, onde se ofrecerán petiscos con produtos lucenses e material promocional, incluída a guía turístico-gastronómica. Cheché Real destacou a continuidade do proxecto e agradeceu o apoio institucional. A acción conta coa colaboración de numerosos consellos reguladores, entidades agroalimentarias e empresas da provincia.
Desde a entidade explican que “con este paso estratégico, la firma busca integrarse activamente en el tejido económico del municipio y colaborar de forma estrecha en la promoción de un modelo de turismo sostenible, desestacionalizado y respetuoso con el entorno natural…”. Engaden que “creemos que para proteger nuestro entorno primero debemos aprender a amarlo” e que “nuestra incorporación a ACISA representa una oportunidad idónea para crear sinergias con la hostelería, el comercio y los servicios locales”. Tamén sinalan que “la adhesión a la patronal ribadense refuerza el compromiso de la empresa con la calidad turística planificada de la zona”. Máis información en 



