Ribadeo, 21 de outubro de 2024. O Concello de Ribadeo coa axuda da Xunta procederá a recuperar o lavadoiro de Rinlo. O alcalde, Dani Vega, subliña o traballo realizado “para ir recuperando pouquiño a pouco o patrimonio que é de todos”.
O rexedor dixo que “seguimos xestionando orzamento e neste caso falamos da recuperación do patrimonio, da recuperación do lavadoiro de Rinlo. En primeiro lugar, quero darlle ás grazas á asociación de veciños por facer un traballo conxunto, por axudar, por interesarse en recuperar o que é de todos e por coidar o que ven sendo o patrimonio que hai en Rinlo. Polo tanto, moitas grazas, vamos a seguir traballando conxuntamente, que así é como se deben facer as cousas. E tamén teño que darlle as grazas á Xunta por entender que debe axudar a este Concello a recuperar o patrimonio”.
Vega explicou que “se trata dun lavadoiro que é significativo en Rinlo, que levaba moitos anos abandonado, tamén o seu entorno, e vamos recuperar o que é de todos, vamos recuperar un lavadoiro tradicional. Vamos eliminar todo o que ven sendo a cuberta, vamos retellar de novo, vamos recuperar os piares, vamos limpar e mellorar e conservar tamén o piar do lavadoiro. O que vamos é, en definitiva, recuperar un lavadoiro tradicional que hai poucos ou ningún en toda a contorna, desta forma tan típica como lavadoiro e tamén como estrutura onde se lavaba a roupa”.
O alcalde indicou que “o que queremos tamén é mellorar todo o entorno do lavadoiro, vamos instalar unha iluminación para que se vexa e se poida observar de noite tamén o patrimonio de todos. Algo importante que é recuperar, non soamente a estrutura do lavadoiro, senón tamén o entorno que hai no lavadoiro que estaba certamente abandonado”.
Vega manifestou: “pouquiño a pouco vamos recuperando o que é de todos, colaborando e tamén escoitando, que é moi importante escoitar ás asociacións, aos colectivos que nos están reivindicando que actuemos en certos sitios que levaban anos e anos abandonados. Pouquiño a pouco vámolo facendo, unha inversión importante para recuperar o lavadoiro de Rinlo, tamén vamos mellorar certos puntos no que vén sendo o pobo de Rinlo como pode ser o lavadoiro que hai no Campo do Cristo, eliminando os graffitis e as ventás de madeira con eses cristais que están rotos”.
O rexedor subliñou: “estamos a falar dunha inversión de preto de 15.0000 euros, que vai significar unha mellora de dous puntos que certamente estaban abandonados e tiñamos que mellorar”.























A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



