A alcaldesa do municipio, Ana María López, reuniuse recentemente coa conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez
Cariño, 22 de outubro, 2024. A alcaldesa de Cariño, Ana María López, reuniuse recentemente coa conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, para explorar posibles colaboracións para realzar a contorna do río Sagrón, un dos obxectivos do executivo cariñés.
A rexedora trasladou á representante da Xunta de Galicia o interese do goberno local por desenvolver un paseo fluvial na contorna do río Sagrón, co fin de ofrecer aos veciños e veciñas un espazo de encontro e lecer que mellore a súa calidade de vida. Ademais, leste mesmo proxecto tamén contempla a creación dunha área recreativa na zona da ponte da Area que incluiría a súa recuperación.
Desta maneira, o Concello gañaría novos espazos para a veciñanza aproveitando os recursos naturais que ten ao seu alcance, poñendo en valor os seus recursos paisaxísticos á vez que se ampliarían as opcións de lecer e #gozar para os veciños e veciñas, polo que sería unha actuación moi beneficiosa para o municipio.
A conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, trasladoulle á alcaldesa que existe a posibilidade de que esta actuación puidésese desenvolver coas axudas para os concellos en Rede Natura, xa que poderían optar a elas ao ter como finalidade o garantir a preservación da biodiversidade, potenciar os servizos ecosistémicos e conservar hábitats e paisaxes.






















O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Ocorreu minutos antes das 11:30 horas. Unha persoa foi trasladada ao hospital tras resultar ferida na colisión entre un coche e un autobús no quilómetro 512 da A-8 en sentido A Coruña, en Vilaframil (Ribadeo). Entre os alertadores estiveron as persoas que viaxaban no coche, que puideran saír do vehículo. Por outra banda, o autobús conseguiu deterse uns metros máis adiante. Ao punto desprazáronse Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da autovía.
O próximo luns 14 de setembro comeza un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
Finalizado o encontro, de carácter privado, o Cónsul asinou no Libro de Ouro da Deputación e a Presidenta fíxolle entrega dun agasallo institucional. Trala xuntanza Carmela López manifestou a súa satisfacción porque “traballamos para avanzar en novas vías de colaboración, e en posibles proxectos que serven para reforzar a relación entre a Deputación e o veciño país de Portugal”.



