A área de Parques e Xardíns busca deste xeito impulsar a xestión sostible de residuos con novas formacións, así como con melloras no Punto Limpo
Viveiro, 5 de novembro de 2024. A Tenencia de Alcaldía de Viveiro está a implementar diversas medidas co obxectivo de mellorar a xestión dos residuos e fomentar a sostibilidade no municipio. Recentemente, organizou unha formación para o persoal da brigada de Parques e Xardíns e do Punto Limpo para optimizar o uso e mantemento das novas biotrituradoras adquiridas.
A tenenta de alcaldesa e responsable da área de Parques e Xardíns, Míriam Bermúdez, subliñou que a biotrituradora, a cal xa se encontra en funcionamento, “facilitará a optimización na xestión de residuos orgánicos e contribuirá á limpeza dos espazos públicos”.
“Esta adquisición é parte dos nosos esforzos para garantir un Viveiro máis limpo e respectuoso co medio ambiente, reflectindo tamén o noso compromiso coa eficiencia e o aforro económico”, afirmou Bermúdez.
Ademais, a tenenta de alcaldesa anunciou a ampliación do Punto Limpo situado en A Patarroa, cun investimento de 103.851,79 euros. Esta obra incluirá a creación dun depósito específico para podas e biomasa.
A actuación ten como obxectivo eliminar de forma definitiva a mala práctica de utilizar a zona das Nogueiras como depósito de biomasa. Nas últimas semanas de outubro, xa se realizaron labores de limpeza e retirada dos residuos acumulados nesta área.
“Dende o Concello de Viveiro condenamos as condutas incívicas dalgúns veciños, como o abandono de escombros, uralita, electrodomésticos ou restos de podas no espazo das Nogueiras”, sinalou Bermúdez.
“É importante recordar que depositar residuos voluminosos na vía pública sen previa comunicación e confirmación da empresa concesionaria é considerado como unha falta grave na Ordenanza de Convivencia, Limpeza e Residuos, cunha sanción que pode variar entre 751 e 1.500 euros”, engadiu.





















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



