Rosana Pérez denuncia que nos Orzamentos de 2025 non hai “nin un só euro” para o plan de competitividade anunciado antes das eleccións
Santiago de Compostela, 6 de novembro. A portavoz de Pesca do BNG, Rosana Pérez, acusou ao PP de empurrar ao sector marisqueiro a unha “situación terminal” e de levar anos traballando dende do Goberno da Xunta para “entregar o mar ás empresas de acuicultura ou, literalmente, de engorde de peixes”. “Primeiro levan a unha situación extrema ao sector, fan insostíbel a súa actividade, e logo, cando a auga chega ao pescozo das empresas da cadea, entréganlla directamente”, afirmou.
Nunha interpelación ao titular de Mar, Alfonso Villares Bermúdez, a deputada nacionalista advertiu que tanto o sector marisqueiro como as propias empresas consideran “deficiente e ineficiente” a xestión da extracción de bivalvos que fai o PP na Xunta, tal e como lle trasladaron ao propio conselleiro representantes da patronal nunha reunión da Comisión Mar Industria da Confederación de Empresarios de Galiza (CEG) celebrada no mes de xullo. “Sen cortarse un pelo tacharon a súa xestión, diante da súa propia cara, de deficiente e ineficiente”, asegurou Rosana Pérez.
A deputada nacionalista preguntou directamente ao conselleiro que vai facer para mellorar a súa xestión e pediulle que aclare se está do lado do sector marisqueiro ou das empresas “que se queren facer cos bancos marisqueiros”. “Vai vostede actuar para mellorar a xestión actual ou, directamente, vai culminar o plan de remate final do sector para levar a cabo un cambio de modelo da xestión do marisqueiro encuberto?”, cuestionou.
“Os orzamentos amosan claramente a quen ten decidido facer caso a Consellaría, e non é nin ao sector pesqueiro, marisqueiro e mexilloeiro nin ao BNG”, anticipou Rosana Pérez, quen asegurou no mesmo sentido que á vista deses presupostos a Xunta en mans do PP seguirá sen reaccionar para sacar o sector da crise na que se atopa. Denunciou, neste sentido, que o Plan de Competitividade e Sostibilidade 2024-25 para o Marisqueo, “publicitado pola Consellería dende decembro pasado para capear o temporal das eleccións de febreiro”, nin sequera existe no proxecto orzamentario. “Nin un euro para ese plan”, advertiu.
Nin decencia nin delicadeza
A interpelación do BNG chegou ao Parlamento logo do debate, na anterior sesión plenaria, da Iniciativa Lexislativa Popular asinada por máis de 18.000 galegos e galegas para pedir, entre outras cuestións, que a pesca, o marisqueo e a acuicultura fosen declaradas “a todos os efectos de interese xeral”, unha reivindicación que Rosana Pérez considerou “xusta e totalmente lóxica nun país altisimamente dependente da pesca como é o noso”.
É por iso que a deputada do Barbanza reprobou ao conselleiro a súa ausencia durante o debate da ILP. “Non tivo a decencia nin a delicadeza de estar presente, nin vostede nin ningún membro do Goberno galego, cando todo o sector reclamaba aquí que non deixen morrer o mar”, aseverou.



















A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
Ocorreu pasadas as 15:30 horas. Un traballador tivo que ser evacuado ao hospital logo de caerlle o tronco dunha árbore enriba mentres realizaba tarefas no monte en Cervo. Aínda que estaba liberado e consciente, precisaba asistencia sanitaria. Os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trasladárono finalmente ao Hospital de Burela. Neste operativo tamén participaron a Garda Civil e a Policía Local de Cervo.
Subliñou o traballo colectivo, o papel do voluntariado e a participación de arredor de mil corredores. Tamén puxo en valor o impacto económico e social da proba e o apoio institucional que permite o seu crecemento, incluída a difusión en streaming que levou a CAMOVI e a Viveiro a todo o mundo.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



