O alcalde de Foz pide “devolverlle o terreo aos veciños” como “lexítimos propietarios”
Foz, 11 de novembro de 2024. A viceportavoz do Grupo Socialista, Lara Méndez, reclamoulle hoxe á Xunta que desbloquee a desafección dos terreos do Porto de Foz que xa non teñen uso portuario. A responsable socialista mantivo un encontro co alcalde da localidade, Fran Cajoto, a quen lle presentou a iniciativa que presentará na Comisión de Pesca que se celebra mañá martes no Parlamento a partir das 10,30.
A responsable socialista explicou que Portos de Galicia está a recibir cada ano ata 120.000 euros de taxas que ten que pagar o concello por un terreo que xa non ten uso relacionado con eles pero que si que necesitan para a depuradora, a nave do Clube Kayak, as instalacións de obras ou o parque de seguridade viaria. Esta explanada é na que cada ano teñen lugar as festas patronais, a Festa Normanda, o Entroido ou o mercado semanal dos martes.
Ningunha destas actividades teñen relación con Portos, que sen embargo mantén a titularidade duns terreos polos que cobran cando nin sequera asumen o custe do seu mantemento, que ten que pagar tamén o concello.
Méndez lembra que o goberno galego asinou un acordo coa Fegamp en setembro de 2021 para resolver a situación, que pasaría pola desafectación dos terreos, que volverían á titularidade do Estado, o seu propietario orixinal, para que este puidera cedelos a continuación ás administracións locais. Portos de Galicia marcou o 15 de outubro de 2021 como data límite para que os concellos presentaran as solicitudes, e o Concello de Foz fixo os trámites que lle pediron.
Sen embargo, máis de dous anos e medio despois Portos de Galicia continúa sen facer a súa parte, polo que os socialistas galegos reclámanlle que cumpran co acordo, revertan os terreos e ademais lle entreguen ao Concello o importe das taxas portuarias que tivo que pagar a partir daquel 15 de outubro.
Fran Cajoto
O alcalde de Foz, o socialista Fran Cajoto, lembrou que o concello leva “anos” reclamando que a explanada portuaria “volva aos veciños, que son os seus lexítimos propietarios”. Reclamoulle ao goberno galego que cumpra co acordo asinado coa Fegamp en 2021 e que leven á reversión dos terreos á Comisión Mixta de Transferencias, para desbloquear o proceso que levan adiando dous anos e medio.





















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



