A listaxe provisional de entidades beneficiarias publicarase o vindeiro martes no Boletín Oficial da Provincia
Lugo, 15 de novembro de 2024. A Xunta de Goberno da Deputación Provincial de Lug aprobou este venres a resolución provisional das axudas de concorrencia competitiva para asociacións culturais, que contan cun investimento de 380.000 euros da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.
A deputada de Cultura Iria Castro deu conta da resolución da dobre convocatoria, cunha liña de 255.000 euros destinada a financiar gastos de actividades culturais e outra, dotada con 125.000 euros, destinada a financiar investimentos ou compra de equipamentos para os locais comunitarios. Dacordo coa resolución provisional, concedéronse 431 subvencións – 256 para a organización de actividades culturais e 175 para investimentos e equipamentos -, 95 máis que na convocatoria de 2023.
Iria Castro subliñou o incremento “das asociacións culturais que se beneficiarán destas axudas, a grande maioría deles colectivos pequenos que garanten o acceso e a participación na actividade cultural en todo o territorio da provincia e que se sosteñen grazas á implicación desinteresada de persoas comprometidas coa cultura, coa lingua e co patrimonio”.
A responsábel provincial explicou que “a convocatoria recibe cada ano máis solicitudes, concretamente neste ano un centenar de solicitudes máis, que son atendidas de forma individualizada por parte do servizo de cultura para facilitar a achega de documentación e outros requerimentos necesarios para o procedemento administrativo” e anticipou que “os orzamentos de 2024 recollerán un subada partida destinada a estas convocatorias para ampliar a súa cobertura”.
A resolución provisional, coa listaxe das entidades beneficiarias e as contías a percibir, publicarase o vindeiro martes no Boletín Oficial da Provincia, abríndose daquela un prazo de 10 días para a presentación de alegacións.



















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



