Hai pouco tiven ocasión de viaxar en AVE. Para alguén de pobo (parece que ata ten diferente sentido ó castelán ‘de pueblo’) que di ir en tren a usar de xeito esporádico o FEVE, iso de ter unha pantalla en fronte marcando que vas a 300 km/h, que corroboras co paso dos campos á beira, é un choque mental. Iso de comprobar que un tren, a unha hora pouco apetecible, un día ‘normal’ de semana vai cunha ocupación alta das súas 510 prazas, fronte ó baleiro do vagón automotor único que recorre ás veces ás vías de FEVE, tamén.
Escáner, varias persoas atendendo na entrada da estación, gardas de seguridade… calculo que a viaxe duns 400 km que fixen, pouco máis de 3 h, recadou uns 12 000 €. Mentres, no FEVE, as dúas persoas no tren, cando hai alguén que revise os billetes e os cobre), a cousa queda un par de ordes de magnitude por baixo para un recorrido de máis de dobre do tempo. Iso si, a ollo, os custes de construción, operación e mantemento presentan unha escala se non semellante, ao menos tamén de diferente orde.
Ver pasar as vilas dá unha sensación de tránsito, de algo pasaxeiro, redundando no sentirse un mesmo iso, pasaxeiro. Pero, ó tempo, dá lugar á reflexión sobre o illamento das vilas e lugares ó pé dunha rede que une os grandes núcleos urbanos, mais discrimina, invisibiliza mentalmente e axuda a baleirar as vilas. Tárdase máis entre as estacións de Ribadeo e Oviedo, 100 km en liña recta, que entre a de Oviedo e Madrid (Clara Campoamor, a antiga Chamartín), case catro veces máis en liña recta. É certo que a orografía vai cambiando, pero non xustifica nin con moito a diferencia.
E, mentres as vilas esmorecen, hai quen se pregunta por que. A pregunta non soe facerse no sentido de por que se impoñen as condicións para ese esmorecemento. Non, senón por que o fan, por que esmorecen, de xeito illado desas condicións. Como se esmorecer fora unha opción elixida, unha opción tomada por vagancia, ‘porque as vilas merecen o que lles pasa’, e así, claro, como non lles vai pasar? É dicir, unha versión a ‘nivel pobo’ das acusacións que se fan a nivel individual (por moi xenéricas que sexan), a ‘nivel xente’ de cada quen ten o que se merece. Como se as condicións impostas externamente non contaran, como se foran realidades sen conexión.
E, mentres, de xeito literal, o tren non para. O progreso non para. Ou os progresos, que a concepción, desenvolvemento e idea de progreso pode ser moi diferente segundo as persoas. E as vilas quedan sen estación, a modo da chafada comitiva de benvida na película ‘Bienvenido, Mr. Marshall’, aquela que só recibía dos moi esperados norteamericanos o pó do paso dos seus automóbiles.
Unha nota final por se fai falta aclaración: non importa que estea a favor ou en contra do AVE como tecnoloxía; por exemplo, consume máis recursos que o FEVE, pero menos que o avión. Sinxelamente, a cousa é así.






















O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.
Villares destacou que a Administración autonómica reafirma o seu compromiso con esta cita, adicada a enxalzar a calidade deste produto do mar e a poñer en valor o esforzo dos profesionais do sector. Así mesmo, subliñou a importancia das festas gastronómicas na promoción turística e na dinamización económica da zona.
Este lume comezou o pasado mércores ás 13,35 horas e afectou finalmente unha superficie de 31,5 hectáreas de monte arborado. Para a súa extinción mobilizáronse, en total, 2 técnicos, 13 axentes, 27 brigadas, 24 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
Félix Jorquera pasou polos micrófonos de RadioVoz no Barco Museo Boniteiro Virxe do Carme ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.
O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.
Autoridades autonómicas, municipais e representantes da Apehl acompañaron o anuncio. O estand da marca estará na zona VIP da saída de cada etapa, onde se ofrecerán petiscos con produtos lucenses e material promocional, incluída a guía turístico-gastronómica. Cheché Real destacou a continuidade do proxecto e agradeceu o apoio institucional. A acción conta coa colaboración de numerosos consellos reguladores, entidades agroalimentarias e empresas da provincia.
Desde a entidade explican que “con este paso estratégico, la firma busca integrarse activamente en el tejido económico del municipio y colaborar de forma estrecha en la promoción de un modelo de turismo sostenible, desestacionalizado y respetuoso con el entorno natural…”. Engaden que “creemos que para proteger nuestro entorno primero debemos aprender a amarlo” e que “nuestra incorporación a ACISA representa una oportunidad idónea para crear sinergias con la hostelería, el comercio y los servicios locales”. Tamén sinalan que “la adhesión a la patronal ribadense refuerza el compromiso de la empresa con la calidad turística planificada de la zona”. Máis información en 



