Os deputados populares explican que, tras analizar o proxecto de orzamentos, confirmamos que a suba de presuposto de cara área destínase principalmente a transferencias correntes “para que tanto socialistas como nacionalistas poidan decidir a dedo a quen destinan os cartos e sempre a porta pechada, sen criterios de igualdade de oportunidades para os lucenses”
Lugo, 20 de novembro, 2024. Os deputados do Grupo Provincial Popular seguen a analizar o proxecto de orzamentos da Deputación de Lugo para o vindeiro ano, “unhas contas que dende PSOE e BNG anuncian como “sociais e expansivas” pero que na realidade supoñen “dúas chequeras para amigos, unha para PSOE e outra para BNG”.
O voceiro provincial popular, Antonio Ameijide, explica que os deputados do BNG “perfeccionaron o modelo Tomé” e nas partidas reservadas para as súas áreas “incrementaron os fondos destinados para poder realizar convenios a dedo”.
A realidade é que aumentan as partidas de transferencias a concellos en materia de promoción cultural, fomento do deporte, mocidade ou outras actuacións… “Parécenos ben que se apoie todo tipo de iniciativas, pero ten que ser en todos os concellos da provincia, non só naqueles gobernados por amigos de PSOE e BNG”, denuncia.
Unha afirmación que se apoia en números, datos e partidas sen especificar:
Promoción cultural: aumenta en 913.761,09€, pasando de 2.127.306,72€ a 3.041.067,81€, unha suba do 42,95%
Transferencias a entidades locais: aumentan en 2.807.835,62€, pasando de 14.340.164,76€ a 17.148.000,38€, un incremento do 19,58%, para os convenios a dedo
“A realidade que vemos é que incrementan partidas discrecionalmente para poder destinar eses cartos a convenios a dedo con quen eles deciden, xa que se realmente quixeran colaborar con todos os municipios por igual destinarían todos estes fondos ao Plan Deputación, o plan máis xusto e equitativo que ten a Deputación na actualidade para repartir fondos”, argumentan.
Transferencias de capital aumentan un 32% (de 11.253.712,34€ a 14.888.732,74€), pero o Plan Deputación só incrementa un 1,1%, “unha nova mostra de que os aumentos de fondos destínanse integramente a convenios”
Plan Deputación:
Concretamente este plan so aumenta en 250.000€, probablemente como o ano pasado 50.000€ para cada un dos cinco concellos máis grandes da provincia, os que máis recursos teñen, tanto económicos como de persoal; mentres que para o resto conxélase ou diminúe.
Dende o Grupo Provincial Popular “defendemos un trato xusto e igualitario para todos os municipios da provincia, independentemente da cor política que os goberne” de aí que se pedise aumentar o Plan Deputación en 10M€, chegando así aos 32M€. “A realidade é que aumentan os fondos para repartilos a porta pechada, mentres que a suba do Plan Deputación é 40 veces menor á que pedimos e só beneficia aos que menos o precisan”, denuncian.
Residencias
As contas de PSOE e BNG para 2025 “non contemplan” a apertura de ningunha das residencias previstas, unha afirmación que se basea en dous datos do proxecto de orzamentos:
O orzamento total para os centros de atención a maiores baixa de 10.937.767,79€ a 10.841.133,96€, un descenso de 96.633,83€
Os investimentos reais para os centros de atención a maiores baixa un 12%, de 1.496.419,46€ a 1.317.256,60€
“Queda claro que non van a abrir ningunha residencia máis, xa que con menos recursos non se poden abrir novas instalacións, nin sequera as xa rematadas como a de Becerreá, como tampouco as que están en marcha”, explicou.
Estradas provincias:
A principal reclamación dos veciños da provincia e do Grupo Provincial Popular é o arranxo da rede viaria provincial “totalmente deteriorada e perigosa” en 66 dos 67 concellos da provincia.
Dende o Grupo Provincial Popular pedíase un incremento de 10M€ nesta partida e, pese a que dende o equipo de goberno aumentaron os fondos, “a suba é totalmente insuficiente dado o nefasto estado de conservación das estradas da Deputación”. “Fan falta moitos máis recursos para paliar tantos anos de abandono”, sentenciou.
Turismo
A promoción turística da provincia é outro eido no que tanto PSOE como BNG suspenden nas contas para 2025 ao baixar os fondos destinados para a difusión da imaxe da provincia, pasando dos 1.915.986,36€ en 2024 aos 1.889.112,96€ en 2025, descendo o investimento nun 1,40%.
Hai un dato que indica tamén “a discrecionalidade” das decisións de PSOE e BNG para beneficiar a afíns é a redución de fondos destinados ao Museo do Mar (13.244,51€ menos) e ao Museo San Paio de Narla (17.747,96€ menos), ambos localizados en municipios gobernados por alcaldes do PP, mentres só que aumentan os fondos destinados ao Museo Etnográfico Pazo de Tor, en Monforte, municipio que goberna o presidente da Deputación.
Liquidación 2023-2024
Dende o Grupo Provincial Popular “temen” que o proxecto de orzamentos para o vindeiro ano “estea inflado” ao igual que os anteriores, unha afirmación que asentan nos datos das liquidacións dos orzamentos de 2023 e 2024.
Segundo a liquidación de 2023:
Para investimentos reais había un total de 34.527.688,38€ pero finalmente so se executaron 14.718.413,62€, o 42,63% do previsto.
Segundo a liquidación de 2024 a 30 de xuño
So ingresaron o 24,75% do previsto, 45.278.838,87€ de 182.934.992,11€.
No referente aos gastos, en medio ano só investiron o 10,43% do anunciado, 3.507.917,44€ dos 33.627.125,74€ previstos.
Uns datos que amosan un horizonte “preocupante” no referente ás contas de 2024, xa que a previsión estimada por PSOE e BNG é investir a 31 de decembro o 42,63% do anunciado.
Dende o Grupo Provincial Popular insisten en que “falamos de datos facilitados por PSOE e BNG no proxecto de orzamentos para o vindeiro ano, unha mostra máis de que nunca realizan unhas contas fiables nin realistas, o que evidencia que son un lastre para o crecemento económico e o desenvolvemento da provincia”.





















O encontro, aberto ao público, terá lugar na Casa Museo Álvaro Cunqueiro e será moderado por membros da propia asociación. A sesión busca reflexionar colectivamente sobre a posibilidade de que Mondoñedo aspire a ser recoñecida como Patrimonio da Humanidade, abordando a cuestión desde perspectivas históricas, patrimoniais, artísticas, naturais e humanísticas. A actividade comezará ás 11:00 h e a organización anima a toda a veciñanza a participar e compartir opinións.
Celebrarase o venres 29 de maio ás 17:00 h e será gratuíta. Abordará o papel dos poliquetos no ecosistema mariño, as súas características e os riscos do uso de especies exóticas, con proxeccións e maquetas de varias especies empregadas como cebo. Impartiraa o grupo BIOCOST da Universidade da Coruña e está organizada por Posta de Encontro xunto con RedeMar, Xunta de Galicia, Federación Galega de Confrarías e a UDC. Reservas: WhatsApp no 634 97 08 86; 982 13 19 23; buenas@capturaspesca.com ou directamente na tenda Capturas Pesca, onde se celebrará o evento (Av. Leopoldo Calvo Sotelo 49, Ribadeo).
O Concello informa de este mércores producirase un corte no subministro de auga en varias parroquias con motivo das obras de abastecemento que se están a realizar en Landrove. As zonas afectadas serán as parroquias de Chavín, San Pedro, Valcarría, Landrove, Galdo e Magazos ata Ruanova. O corte está previsto entre as 9.00 e as 15.00 horas aproximadamente, polo que se recomenda á veciñanza que tome as medidas oportunas durante esa franxa horaria. Desde o Concello pídeselle comprensión á cidadanía polas molestias que esta incidencia poida ocasionar e lémbrase que se trata dunha afección puntual derivada dunha actuación necesaria para a mellora da rede de abastecemento.
O Comité de Empresa de Alúmina‑Aluminio San Cibrao informa de que a Secretaría de Industria convocou ao comité á 19ª reunión de seguimento do acordo de viabilidade, que se celebrará o venres 15 de maio ás 12:30 horas na Delegación do Goberno en A Coruña. Unha vez rematada a reunión, o comité procederá a informar aos traballadores sobre os resultados e avances do encontro.
A iniciativa, organizada polos concellos de Navia, Coaña e Villayón xunto coa asociación AISPA, reuniu máis de 70 persoas. Explicáronse requisitos, prazos e novidades dun proceso cuxo prazo remata o 30 de xuño. Os tres municipios detectaron a necesidade de ofrecer información e apoio á poboación migrante para facilitar a súa regularización e acceso ao emprego, especialmente nun momento no que sectores como os coidados, a construción e o metal precisan man de obra. Os concellos valoran a alta participación e lembran que para dúbidas adicionais está dispoñible o teléfono 655 608 610.
A participación estará aberta do 14 ao 18 de maio, e a persoa gañadora poderá escoller entre cinco modelos diferentes. A propietaria, Susana Moreira, fai un balance moi positivo desta década, na que o negocio evolucionou ata centrarse en mercería, venda de la e artigos artesanais elaborados por ela mesma. Ademais, ofrece arranxos de roupa e organiza cursos e talleres de ganchillo, calceta e bordado, como o previsto para o 23 de maio. A maior parte da clientela e das persoas que participan nas actividades son mulleres, aínda que tamén acoden nenos e mozos interesados en técnicas como os amigurumis.
Será este xoves, día 14 de maio, ás 19:00 horas no salón de actos do Concello. O mago Pedro Bugarín presentará o seu espectáculo titulado Galicia con maxia. Para esta actividade o Concello de Lourenzá conta coa colaboración da Deputación de Lugo.



