Foz, 26 de novembro de 2024. A Aula Universitaria da UNED de Foz programa para este vindeiro mes de decembro un curso de alimentación, un obradoiro de plantas medicinais, a presentación dun libro de poemas e unha actividade infantil de Nadal.
A concelleira da Aula Universitaria da UNED de Foz, Elena Martínez, e a coordinadora da mesma, Marta Muiña, anuncian “unha variada oferta formativa e cultural para o mes de decembro, con actividades dirixidas a diferentes públicos e deseñadas para fomentar a aprendizaxe, a saúde e a diversión no peche do trimestre académico”.
Dentro da súa programación destaca o curso de extensión universitaria Alimentación fácil e saudable: tips e receitas para o día a día, impartido por Saray Río, nutricionista veciña de Foz e profesional con ampla experiencia no ámbito da saúde e a formación. “Esta actividade está pensada para quen desexe mellorar a súa alimentación diaria dun xeito práctico e sinxelo, aprendendo consellos útiles e receitas simples e rápidas para aplicar no día a día”, explica a coordinadora. Terá lugar do 3 ao 17 de decembro, os martes e os xoves de 16 a 18 horas.
Tamén se ofrecerá un obradoiro de plantas medicinais, a cargo de Pedro Rolle, autor do libro Flores de primavera do Valadouro. Este taller proporcionará unha oportunidade única para coñecer os usos e propiedades das plantas medicinais da nosa contorna, combinando tradición e coñecemento práctico. A concelleira indica que “esta é unha forma distinta de aprender, compartir e valorar os recursos naturais que nos rodean”. Realizarase os días 16, 17, 18 e 19 de decembro de 16 a 18:30 horas.
A programación cultural complétase coa presentación do poemario Laidos Cardíacos, de Lucía Ferro, autora procedente do concello de Barreiros. Muiña comenta: “celebro a valentía de Lucía Ferro ao compartir a súa voz mais íntima e persoal. A súa poesía conéctanos coas nosas emocións máis profundas e fainos reflexionar sobre as nosas experiencias vitais”. Este evento celebrarase o xoves 12 de decembro ás 19 horas na Biblioteca Municipal de Foz Salgado Toimil e será unha ocasión especial para que os amantes da literatura descubran esta obra e compartan un espazo de diálogo coa autora.
Como grande novidade para este mes, a UNED de Foz organizará unha actividade especialmente pensada para nenos e nenas de entre 5 e 9 anos e as súas familias. Trátase dunha divertida dinámica de busca do tesouro en inglés, onde os participantes, a través de pistas e enigmas, intentarán atopar a Santa Claus. Esta actividade, En busca de Santa Claus, promete ser un momento lúdico e educativo para pequenos e maiores. Levarase a cabo o 26 de decembro ás 11:30 horas no IES de Foz. “Invitamos ás familias a participar nesta dinámica de aprendizaxe e diversión. De seguro que o perdido Santa Claus aparecerá polos IES de Foz o día 26 de decembro de novo”, afirma Elena Martínez.
A Aula Universitaria da UNED de Foz convida a toda a comunidade a participar nesta ampla oferta de actividades, deseñadas para enriquecer a vida cultural e formativa do municipio. Para máis información ou inscricións, as persoas interesadas poden contactar directamente coa Aula Universitaria no teléfono 982.133.699, no Whatsapp 604.034.549 ou no correo electrónico foz@lugo.uned.es.






















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



