Burela, 10 de decembro de 2024. O Concello de Burela recibiu esta mañá en Madrid o galardón que acredita a Burela como Cidade Amiga da Infancia, outorgado por UNICEF.
A alcaldesa Carmela López e o tenente de alcaldesa Mario Pillado participaron no acto de entrega de recoñecementos, no que tamén estiveron a ministra de Xuventude e Infancia, Sira Rego, ou o presidente de UNICEF España, Gustavo Suárez-Pertierra.
“Que Burela sexa recoñecida como Cidade Amiga da Infancia é o selo ao compromiso do Concello coa protección dos dereitos da infancia a través de medidas concretas e recursos destinados ao desenvolvemento infantil e adolescente”, afirma a rexedora.
“Entre as iniciativas clave, está a participación activa da mocidade mediante un Consello de Participación Municipal Infantil no que se debaten proxectos municipais cos rapaces e rapazas da vila”, apuntou López. “É importante escoitalos e atender as súas demandas”, engadiu.
Pola súa banda, Mario Pillado sinalou que “o obxectivo agora é manter esa distinción, porque nos ten que servir como incentivo para seguir traballando nesa liña e seguir mellorando no trato e protección dos dereitos da infancia e adolescencia, contando sempre para elo coa súa participación activa”.
Burela foi distinguida no acto, celebrado no Salón de Actos Ernest Lluch do Ministerio de Xuventude e Infancia, xunto a outros dous concellos galegos, Viveiro e Nigrán, e outros 17 municipios de toda España.






















A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Contou con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibiron as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolleu a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destacou a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Ata o domingo achegaronse a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.



