Ribadeo, 11 de decembro de 2024. Ribadeo aposta por mellorar a accesibilidade e a seguridade de prazas e espazos públicos. As obras en Pancho Maseda marchan a bo ritmo.
O alcalde, Dani Vega, contou que “avanzan a moi bo ritmo as obras na praza Pancho Maseda. Estamos satisfeitos do traballo que se tenta realizar, estamos mellorando a seguridade e a accesibilidade, dado que nesa praza estaban todas as losetas de pedra levantadas e había moitas queixas de moitas persoas que acoden ao centro social porque tropezaban e estaban correndo riscos”.
O rexedor dixo que “tamén había unha falta de accesibilidade. Non só é o caso desta praza Pancho Maseda, senón que a moitos edificios por desgraza non poden entrar todas as persoas. Pasaba na Escola de Música, tivemos que dotala dun ascensor e melloraramos a rampla na porta lateral e aquí vamos mellorar toda a parte dianteira. Xa pasou que moitas persoas con cadeira de rodas non puideron entrar nesta praza, xa pasou que moitas veces tivo que acudir a ambulancia e tivo que quedar na parte de adiante do Concello porque non podía entrar ata o centro social e iso non o podemos permitir”.
Vega explicou que “o que se fai é unir a beirarrúa á praza, así hai unha accesibilidade garantida, hai unha maior seguridade en todo o espazo porque se suxeitaron todas as losetas de pedra, hai unha maior iluminación porque eliminamos unha farola inmensa que estaba rota e que tiñamos que ter soldada, medio atada, porque estaba rota, e agora vamos colocar tres farolas máis adecuadas e vai haber maior iluminación, como tamén vamos mellorar toda a humanización. Vai haber plantas nos parterres onde están as árbores, novas árbores que vamos plantar, tamén eliminamos certas vallas que había diante do edificio de Aduanas, que non estaban permitidas por Patrimonio porque se colocaron de calquera maneira e sen ningún tipo de permiso.Tamén vamos eliminar as bandeiras do balcón, dado que destrozaron toda a balconada, toda a forxa, e por iso vamos eliminar esas bandeiras e vamos colocalas nun sitio máis adecuado e con maior seguridade”.
Para Dani Vega “coidar o patrimonio tamén é eliminar todo o tipo de pintadas que hai no Concello e tamén vamos mellorar todo o que ven sendo a parte dianteira das vivendas sociais no Parque de San Francisco. Aí é colocar pedra para ter un espazo para os bancos para que as persoas poidan sentarse e descansar baixo a sombra das árbores que aí existen. Tamén vamos colocar plantas en todo o parterre onde están esas árbores, que xa podamos e así vamos seguir conservando nelas. E tamén vamos mellorar todo o espazo dos contedores, dado que causan moitos problemas, moitas avarías e tamén é un foco para os roedores. Por iso, desde a empresa que fixo a desratización nos alertaron de que aí hai un foco bastante importante. Tamén estamos aí traballando nese tema”.
O alcalde indicou que “toda a humanización tanto diante das vivendas sociais, ao lado do Concello, é dicir na praza Pancho Maseda, como todo o coidado que estamos tendo nas árbores do Parque de San Francisco, moitas delas estaban enfermas, conseguimos practicamente sacar adiante todos os castaños de indias, que estaban bastantes enfermas, conservámolas, parece que non vamos dar conseguido conservar unha das palmeiras que ten picudo, pero vamos coidar todas as nosas árbores, vamos coidar todos os nosos espazos e por iso tamén queremos seguir dotando de maior accesibilidade nas prazas, nos edificios públicos, que é o realmente importante. Pensar nas persoas, tamén é pensar que poden acudir ao centro social ou ao miradoiro que hai naquela zona e así disfrutar”.
O rexedor engadiu: “tamén temos que mellorar a accesibilidade do aparcamento da rúa do Pipelo, dado que esas escaleiras causaron moitos esvaróns e chamáronnos e houbo certas queixas por como estaba esa situación. Polo tanto, vamos dotar de maia de seguridade esas escaleiras e tamén melloraremos a accesibilidade ao aparcadoiro da rúa do Pipelo. Mellorar os espazos e dotalos de seguridade, dotalos de accesibilidade, de maior iluminación e disfrutalos o máximo tempo posible por parte de todos os ribadenses e por parte dos visitantes”.
























O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.



