Soniña Corral F. e Delio Val Villarino proclamáronse gañadores absolutos desta edición
Barreiros, 11 de decembro de 2024. O Concello de Barreiros organiza a gala final do circuíto de carreiras populares +KmsBarreiros, que terá lugar o domingo 22 de decembro ás 19:30 horas nos colexios vellos de San Miguel de Reinante. Durante o evento entregaranse 1.000 euros en premios así como diferentes obsequios a cada atleta que participase en 4 ou máis probas en categorías absolutas ou en 3 no caso das categorías infantís.
Resultados do circuíto
Logo de celebrárense as 6 carreiras populares que conforman o circuíto; a carreira de Reis (xaneiro), a das Praias (marzo), a 1/2Km Vertical (xullo), a Benquerencia Terra-Mar (agosto), o Trail Monte Comado (outubro) e a carreira Ao Son do Masma (novembro), Soniña Corral F. proclamouse campioa absoluta feminina con 1119 puntos e, Delio Val Villarino, campión da categoría absoluta masculina con 1180 puntos.
Na recentemente creada categoría por equipos, o primeiro posto foi ocupado polo equipo barreirense Os Comadistas, o segundo lugar foi para o Club Atletismo de Ribadeo e en terceiro posto finalizou o Ría de Foz.
Por outra banda, na categoría de centros escolares, o primeiro posto foi para o Sagrado Corazón de Xesús de Ribadeo, en segundo lugar quedou o CEIP Juan Rey de Lourenzá e en terceira posición o CEIP Península da Paz de San Cibrao.
As clasificacións completas poden consultarse na web do circuíto: www.maiskmsbarreiros.gal.
O concelleiro de deportes, Dani García, expresou a súa satisfacción polos resultados desta edición: “as cifras de participación, tanto en cada proba coma no global do circuíto, seguen a ser moi boas polo que, desde o Concello de Barreiros amosamos a nosa satisfacción.” e comprometeuse a que: “seguiremos fomentando e apoiando o deporte afeccionado porque estase a ver que cada vez ten máis persoas adeptas, que axuda a fomentar un turismo respectuoso e desestacionalizado en Barreiros e que, coa a práctica deportiva tamén se mellora a calidade de vida”.
O edil tamén agradece o esforzo das asociación implicadas na organización das probas. “Quero dar as grazas publicamente ás distintas asociacións que ano tras ano se implican de cheo na organización das carreiras, grazas á Asociación Cultural e Deportiva Praias de Comado, a A.D. Augas Santas, ao Colectivo Cultural Ollomao. Dar as grazas tamén a asociación de voluntarios de Protección Civil de Barreiros que sempre están velando pola seguridade durante as probas. Non me quero esquecer de mencionar e agradecer ás empresas que patrocinan e colaboran coas distintas probas e co circuíto xa que, tamén son unha parte importante para que todo isto encaixe e poida saír adiante. Sen a colaboración de todas as partes isto non sería posible, así que, moitas grazas a todas e a todos” salientou García.























Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
A directora, Ana Traseira, e o brand manager, Carlos García, representaron ao centro lucense, que presentou a experiencia “A comunicación: unha nova ponte cara Lugo”, recoñecida co Accésit do Consello Social da UNED 2025. O proxecto destaca pola súa aposta pola innovación, a proximidade e a mellora continua na relación coa contorna. A UNED de Lugo agradeceu a oportunidade de participar nun espazo que reforza a colaboración e contribúe a construír unha universidade máis conectada, accesible e comprometida.
O curso, impulsado polo Principado de Asturias, desenvolverase en modalidade semipresencial con sete sesións presenciais na Sala El Pajar de As Quintas (A Caridá), en horario de 16:00 a 19:00 horas. A formación é de nivel básico e está aberta tanto a persoas sen experiencia previa como a quen queira iniciarse na fala. As inscricións poden realizarse a través da plataforma da Federación Asturiana de Concejos. O Concello destaca que esta iniciativa contribúe á preservación do patrimonio lingüístico e cultural do territorio.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.



