Viveiro, 11 de decembro de 2024. O concelleiro Jesús Fernández, en representación do Concello de Viveiro, asinou un convenio de colaboración coa Deputación de Lugo para modernizar o padrón municipal.
“O padrón municipal é un rexistro administrativo de gran importancia, dado que a inscrición no mesmo supón un requisito previo e imprescindible para o acceso dos veciños ao uso e desfrute de servizos públicos como educación, sanidade e servizos sociais no municipio, así como ao exercicio do dereito de sufraxio ou participación cidadá”, explica Fernández.
Polo anterior, a sinatura deste convenio para o proxecto coñecido como “Xeopadrón”, resulta de vital valía para o desenvolvemento dun sistema informático moderno e actualizado, que permita que o Concello de Viveiro se poida comunicar en tempo real co Instituto Nacional de Estatística, de xeito que posibilite a corrección de discrepancias e o mantemento dunha base de datos máis depurada.
Así mesmo, a incorporación da referencia catastral, ou código de vivenda equivalente, ao padrón municipal de habitantes, suporá unha mellora na localización dos domicilios, así como na formación e actualización do rueiro municipal.
Ademais, o mantemento dun censo de vivendas, a parte do censo de habitantes, posibilitará a implantación de políticas de vivenda no municipio, unha vez estudados os datos de situación actual da vivenda no concello.























Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



