O operativo inclúe a disposición de 420 toneladas de sal nos 12 silos cos que conta a entidade, dos que tamén poderán abastecerse os 67 concellos da provincia en caso de emerxencia e fortes temporais
Lugo, 11 de decembro de 2024. O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, presentou este mércores en Pedrafita do Cebreiro o Plan de Vialidade Invernal despregado polo organismo provincial para a temporada 2024-2025, co obxectivo de garantir unha resposta áxil e eficaz ante as incidencias que poidan xurdir polas inclemencias meteorolóxicas nos 4.217 quilómetros da rede viaria provincial. Este plan inclúe un operativo composto por 112 operarios e 64 máquinas, así como a colaboración de 8 empresas especializadas en conservación e mantemento, que traballarán de forma coordinada cos medios da institución en cada unha das 8 zonas en que se divide a rede viaria.
José Tomé Roca destacou que a seguridade nas estradas “é un dos principais eixos do Goberno provincial e que este operativo busca actuar coa máxima eficacia e rapidez para garantir que as vías de titularidade provincial estean nas mellores condicións para o tránsito seguro durante a campaña invernal”. Subliñou ademais que, dado que máis da metade das estradas provinciais superan os 600 metros de altitude, “estes tramos están especialmente expostos ás inclemencias meteorolóxicas”.
A Deputación conta tamén cun total de 420 toneladas de sal distribuídas en 12 silos situados estratexicamente por toda a provincia. Estes silos tamén estarán dispoñibles para os 67 concellos da provincia en caso de emerxencias ou fortes temporais.
O Plan de Vialidade Invernal busca garantir a seguridade nas estradas provinciais durante todo o inverno, especialmente nas zonas de maior altitude, onde as condicións meteorolóxicas poden ser máis adversas.
Na presentación tamén estiveron a Deputada da Área de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto; o Deputado da Área de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera; o Deputado da Área de Cooperación e Asistencia aos Concellos e Alcalde do Concello de Castroverde, Xosé María Arias Fernández; o Deputado da Área de Medio Ambiente e Alcalde do Concello de A Fonsagrada, Carlos López; e os rexedores dos concellos de Pedrafita do Cebreiro, José Luis Raposo; o de Cervantes, Benigno Gómez Tadín; o de Meira, Antonio de Dios Álvarez; e o de Navia de Suarna, José Fernández Fernández, entre outras autoridades.
Colaboración cos concellos
O Presidente da Deputación subliñou que o protocolo de actuación do Plan de Vialidade Invernal está a disposición dos 67 concellos da provincia para fomentar a colaboración entre administracións. “Poñemos á disposición dos concellos da provincia todos os recursos necesarios, tanto humanos como técnicos, para que tamén poidan afrontar as emerxencias meteorolóxicas que afecten ás súas estradas municipais”, explicou.
Ademais, a institución provincial subministra sal de mina aos concellos para que poidan atender os problemas que se xeren nas estradas municipais debido ás condicións meteorolóxicas adversas. Deste xeito, “non só garantimos que as vías provinciais se manteñan limpas e sen riscos, senón tamén que os concellos poidan afrontar situacións de emerxencia ou imprevistos en calquera estrada, subministrándose dos silos que a Deputación ten repartidos pola provincia”.
Os depósitos de sal atópanse en Ourol, O Valadouro, Riotorto, Lugo, Becerreá, O Incio, Pedrafita do Cebreiro, Folgoso do Courel, Cervantes, Navia de Suarna, A Fonsagrada e Ribas de Sil. Cada un destes almacéns dispón de 35 toneladas de sal de mina, o que fai un total de 420 toneladas dispoñibles para cubrir as necesidades dos concellos ante as inclemencias do tempo.
Balance da temporada anterior
Segundo os datos do servizo de Xestión Territorial da Deputación, durante a pasada campaña de inverno 2023-2024 realizáronse dúas intervencións por nevaradas nos meses de xaneiro e febreiro. Nas estradas situadas por riba dos 600 metros, leváronse a cabo 8 actuacións debido á presenza de neve e xeo, o que reflicte unha baixa incidencia destes fenómenos. As intervencións por xeo foron máis numerosas, superando as 400 actuacións en toda a rede viaria. O consumo de sal alcanzou as 800 toneladas, acorde ás necesidades da campaña.
27M€ para estradas no 2025
A mellora da mobilidade é unha das liñas de actuación prioritarias da Deputación, tal e como demostra que nos Orzamentos do ano 2024, aprobados polo Pleno esta mesma semana, sobe de novo as partidas destinadas a estradas ata alcanzar os 27M€, o que representa o 21% do orzamento total da Deputación (130 millóns de euros). Estes fondos servirán tanto para obra nova, como para conservación, roza e actuacións do Parque Móbil, en estradas provinciais e municipais.
“Esta cifra supón un incremento do 42% respecto ao orzamento de 2024, reflectindo un claro compromiso coa mellora das infraestruturas. En comparación con anos anteriores, en 2019 destináronse 14 millóns de euros, o que pon de manifesto un esforzo progresivo por aumentar a inversión en estradas, cun incremento de máis de 13 millóns de euros nos últimos seis anos”, afirmou Tomé Roca.



















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



