O número de asasinadas en 2024 ascende a 46, sendo 5 delas galegas, entre a que se atopa a muller de Viveiro
Lugo, 19 de decembro de 2024. A subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, expresou hoxe as condolencias e todo o seu apoio á familia e achegados de Rejane Soares, asasinada onte en Viveiro nun novo caso confirmado pola Delegación do Goberno contra a Violencia de Xénero. Durante o acto de repulsa convocado na súa memoria, a subdelegada destacou a profunda conmoción que este crime causou en toda a provincia de Lugo e subliñou a importancia de manter a unidade fronte a esta secuela. Isabel Rodríguez presidiu este acto acompañada por distintas autoridades locais, membros das Forzas e Corpos de Seguridade e persoal da Subdelegación.
“A violencia machista segue sendo un desafío estrutural que nos afecta de forma directa e próxima. Como sociedade democrática, non podemos tolerar que as mulleres sigan vivindo con medo. É imprescindible deixar atrás calquera tipo de negacionismo e actuar con firmeza e cohesión para erradicar esta violencia”, sinalou a subdelegada.
Rodríguez lembrou que, con este asasinato, son xa 46 as mulleres asasinadas en 2024 a mans das súas parellas ou exparellas, deixando a 35 menores orfos. Ademais, no que vai de ano, nove nenos e nenas foron asasinados polos seus proxenitores ou parellas das súas nais en actos de violencia vicaria. Desde 2003, a violencia machista cobrou a vida de 1.291 mulleres en España.
O Goberno reafirma o seu compromiso absoluto coas políticas de prevención e protección fronte á violencia de xénero, facendo un chamamento á implicación de todas as institucións e da cidadanía. “A loita contra a violencia machista é unha causa común que transcende diferenzas políticas ou ideolóxicas. Só unidos poderemos poñer fin a este horror”, concluíu Isabel Rodríguez.
O acto finalizou cun minuto de silencio en memoria de Rejane Soares, como mostra de respecto e solidariedade cara á súa familia e seres queridos.





















En concreto, o sinistro ocorreu na N-634, en Vilaframil. Neste caso, un dos vehículos implicados envorcou e o único ocupante quedou atrapado, polo que necesitou axuda dos Bombeiros de Barreiros para poder saír do coche. Cando foi liberada, a persoa recibiu os primeiros coidados dun equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 desprazado no lugar dos feitos. En relación ao outro condutor implicado no accidente, cómpre destacar que tamén era o único ocupante, resultou ileso e estaba liberado e accesible.
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Contou con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibiron as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolleu a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destacou a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Ata o domingo achegaronse a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.



