Rematamos un ano no que a ILUSIÓN, o TRABALLO e a GRAN CAPACIDADE DE XESTIÓN foron os piares fundamentais para achegarnos ó obxectivo que nos trouxo ata aquí, que RIBADEO AVANCE.
ILUSIÓN, tan importante para contaxiar esas ganas de que todo funcione de maneira organizada. TRABALLO, porque sen traballo e dedicación non se avanza. Un ano de moitas horas e moita aprendizaxe que se viron reflectidas no día a día de Ribadeo, e como non, CAPACIDADE DE XESTIÓN, porque o Concello non ten capacidade económica para afrontar as necesidades que precisa como cidade de presente e tamén de futuro para os nosos pequeniños de hoxe. E a nós non nos sirve o conformismo nin o “deixarse levar”.
Neste ano e sete meses traballamos nun Ribadeo máis social. Hospital Asilo, unha inversión de 1,6m€, dos que a Xunta de Galicia aportou 700.000€; Centro de Día, 70.000€ de inversión 100% da Xunta de Galicia; Cestiña dos Arrolos, iniciativa do Concello na que colaboramos coa Asociación Saúde Mental A Mariña e cofinanciada coa Xunta de Galicia; melloramos o edificio da Escola de Música cunha inversión de 80.000€ tamén financiados pola Xunta de Galicia, eliminando as barreiras arquitectónicas na entrada lateral, instalando un ascensor e cambio de ventás; seguimos investindo na mellora da Escola Infantil, xa o facíamos dende a oposición e seguimos dende o goberno cunha inversión de 25.000€; creamos prazas de aparcadoiros rápidos para os clientes das farmacias, un dos primeiros Concellos en facelo; melloramos a accesibilidade da Praza Pancho Maseda, humanizámola e puxemos nova iluminación; renovouse o Parque de San Miguel, no que aínda queda a mellora do peche no primeiro trimestre de ano.
Ribadeo tamén viviu unha gran transformación na limpeza, ,temos un Ribadeo máis limpo e máis coidado, actuamos nas áreas recreativas e en xardíns, realizouse unha poda onde había anos que non se facía e elimináronse as árbores que, baixo informe técnico, causaban algún tipo de perigo e seguiremos traballando para a procura do Ribadeo limpo e coidado que queremos.
No Plan Avanza Rural, cun investimento de 685.000€ para a mellora de vías de comunicación do noso interior e tamén da costa, aí temos a estrada da costa ata Rinlo que xa se volvera intransitable ó igual que moitas das estradas da zona do interior. Seguiremos actuando nas que non chegamos este ano; limpeza de cunetas e pistas de terra da concentración parcelaria. Somos o Concello con máis inversión na mellora das estradas, e dentro do programa Fontes Vivas recuperamos a fonte de A Graña e a de Cedofeita, porque as fontes tamén forman parte do noso patrimonio e non merecen desaparecer debaixo das silveiras.
Impulsamos actividade lúdico deportiva e cultural como fonte de dinamismo e acelerador económico.
Un ano de moito traballo feito e moitos proxectos en marcha para os vindeiros anos. Dende o equipo de goberno desexámoslles un FELIZ ANO 2025 a todos os ribadenses. Nós agardámolo XUNTOS, con moita ILUSIÓN e GANAS DE TRABALLAR para a procura do Ribadeo que todos queremos.
















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



