A área de Rural distribuirá 192.000 euros ás ganderías beneficiarias do programa Marela!, a maioría nas comarcas de Sarria, Os Ancares, Fonsagrada e Lugo
Lugo, 2 de xaneiro de 2025. 251 ganderías recibirán as axudas do programa Marela! da área de Rural da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, enfocado en dar apoio á recría de xatas de Raza Rubia Galega na granxa de nacemento.
A maioría das granxas beneficiarias destas achegas, que oscilan entre os 400 e os 2.400 euros, concéntranse nas comarcas de Sarria -especialmente nos concellos de Láncara, Paradela e Triacastela –, dos Ancares -especialmente nos concellos de Baralla, Cervantes, Pedrafita e Becerreá–, de Lugo – especialmente nos concellos de O Corgo, Friol e Castroverde – e Fonsagrada – nos concellos de Fonsagrada e Baleira -.
As achegas vincúlanse ás femias reprodutoras, cun importe de 400 euros por cada becerra que tivera un parto antes dos dous anos e medio (30 meses), ata un máximo de 6 animais por granxa, e suman un importe total de 192.000 euros, atendéndose todas as solicitudes que cumpriron cos requisitos establecidos nas bases.
O deputado Daniel García valorou “o programa que lanzamos por primeira vez desde a área de Rural para contribuír á promoción da Raza Rubia Galega, cunha convocatoria anual coa que procuramos axilizar os tramites de solicitude e pagamento e á que daremos continuidade tamén este ano, para apoiar o traballo de recría de gandeiras e gandeiros, que manteñen un patrimonio xenético e un sistema de manexo e de alimentación tradicionais”.
Neste sentido, subliñou que “o mantemento desta riqueza gandeira é imprescindible para o desenvolvemento sustentable das áreas rurais e para a fixación de poboación no medio rural, producindo alimentos de calidade”.
A resolución definitiva e completa pode consultarse na web da Deputacíon de Lugo, no apartado de Subvencións de Concorrencia Competitiva da área de Medio Rural e do Mar e no Boletin Oficial da Provincia do 30 de decembro. O programa Marela! dá continuidade á liña plurianual xestionada pola área de Rural entre 2019 e 2023, simplificando o procedemento administrativo e axilizando o trámite e o pago de xeito individualizado a cada gandería beneficiaria.






















O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.



