Ribadeo, 13 de xaneiro de 2025. O vindeiro 2 de marzo partirá de Ribadeo a cuarta edición da peregrinación O Camiño do Mar Concello a Concello, que organiza a asociación Amigos del Camino del Mar Peregrinación a Santiago de Compostela.
Serán un total de 277 quilómetros, divididos en 13 etapas duns 22 quilómetros entre Ribadeo e Santiago, onde concluirán o 24 de maio.
Manuel Vicente, presidente da asociación organizadora, comentou que “esta acción nació con el objetivo de dar a conocer y divulgar por dónde discurría la antigua vía de peregrinación que atravesaba los ayuntamientos de Ribadeo, Barreiros, Foz, Burela, Cervo, Xove, Viveiro, O Vicedo, Mañón, Ortigueira, Cariño, Cedeira, Valdoviño, Narón y Neda, hoy denominada El Camino del Mar. Una vez llegamos a Neda, conectamos con el Camino Inglés hasta llegar a Santiago de Compostela. Participar posibilita disfrutar del descubrimiento y conocimiento de un antiguo Camino, y al mismo tiempo conocer lugares de los ayuntamientos que conforman el Camino del Mar y la historia de la antigua peregrinación por nuestras comarcas, ya que durante el transcurso de la etapa se facilitan datos de históricos de la antigua ruta jacobea”.
E engadiu: “a todos participantes se les facilitará la credencial del Camino de Santiago y así al finalizar el Camino podrán obtener la Compostela. Para ello iremos sellando las credenciales en cada uno de los ayuntamientos por los que discurren las etapas del Camino del Mar, realizando dos sellos en cada etapa, uno de salida y otro de llegada”.
Manuel Vicente anima a participar nesta cuarta edición: “para peregrinar por el Camino del Mar hasta Santiago de Compostela deberán de inscribirse en la web de la asociación: https://www.asocaminodelmar.es en el apartado de acciones, concello a concello y después pinchar en la edición 2025, allí encontrarán toda la información. O pinchar directamente sobre el siguiente enlace: https://www.asocaminodelmar.com/acciones/2025/concello-a-concello-2025”.
A presentación desta nova edición de O Camiño do Mar Concello a Concello tivo lugar no Pazo de Ibáñez. Na mesma participaron o alcalde, Daniel Vega, a concelleira de Turismo, Marta Saiz, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, así como o presidente da asociación Amigos del Camiño del Mar Peregrinación a Santiago de Compostela, Manuel Vicente.
A edil de Turismo destacou que “Ribadeo é a porta norte de entrada a Galicia, por aquí pasan ano tras ano centos de camiñantes rumbo a Compostela, que empreguen a ruta do Camiño do Mar ou o Camiño Norte. Estamos encantados de recibilos a todos eles, aos que pasan por aquí rumbo a Compostela ou aos que nos elixen como punto de partida para iniciar estas peregrinacións. O 2 de marzo estaremos xunto a esta asociación para desexarlles bo camiño e para facer con eles un treito do Camiño do Mar”.
Pola súa banda, a presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, indicou que “un ano máis Acisa seguirá a ser punto de selado das credenciais do peregrino que realicen a súa ruta a Santiago a través do Camiño do Mar. Na nosa asociación seguimos a traballar e a colaborar con todas aquelas iniciativas que promoven a chegada de máis camiñantes, de máis viaxeiros, de máis turistas a Ribadeo, porque iso redundará de xeito positivo nos negocios locais (hoteis, albergues, bares, restaurantes, comercios…) e na economía de Ribadeo. Bo Camiño a tod@s”.






















O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



