Ribadeo, 21 de xaneiro de 2025. Acordo dos Concellos de Ribadeo e de Trabada e Augas de Galicia para proceder á renovación do abastecemento de auga. Foi acadado no Salón dos Alcaldes este mediodía no transcurso da xuntanza da Mesa da Auga.
O alcalde, Dani Vega, declarou que “hoxe na Mesa da Auga acordáronse certas cuestións, todas de importancia, para poñerlle solución ao abastecemento da auga. Por parte da Xunta, de Augas de Galicia e concretamente do seu director, explicóusenos o proxecto de renovación de toda a tubaxe que ven de Vilarbetote, e ten chegada a Ribadeo, e explicounos todo o proxecto, toda a inversión, que é moi importante e tamén o que ía aportar a Xunta de Galicia. Neste caso son 7,5 millóns de euros, cantidade que evidentemente garante a obra”.
O rexedor explicou que “tamén por parte de Trabada o Concello expuxo a súa proposta, a súa colaboración para que esta inversión poida ser realizada, e desde logo nosoutros agradecemos ese compromiso, non da achega económica porque non poden, pero sí para chegar a ese entendemento, a ese convenio co Concello amigo de Trabada. Tamén o Concello de Ribadeo adquiriu un maior compromiso xunto coa Xunta de Galicia de aportar en principio o 20%, pero as portas están abertas e desde logo agardamos esa colaboración por parte da Deputación de Lugo”.
Para o alcalde ribadense “é unha obra fundamental, é unha obra prioritaria. Nosoutros sempre o dixemos desde que estamos xestionando os recursos ribadenses, que o abastecemento da auga era un problema. Non de agora, senón de todo este período tan largo democrático, que xa ven dando problemas a auga. E había que poñerlle unha solución. Está moi ben analizar ou describir o problema, pero o que é importante é poñerlle esa solución. E iso supón facer un proxecto, que fixo a Xunta de Galicia, concretamente Augas de Galicia, e aportar un orzamento, é dicir xestionar ante a Xunta de Galicia eses 7,5 millóns de euros e garantir con ese 20%, que de momento vai aportar Ribadeo, pero recalco as portas abertas para que a Deputación tamén colabore”.
Dani Vega engadiu: “hoxe esta reunión da Mesa da Auga foi moi importante porque é o segundo paso, primeiro foi a xestión, e agora son os compromisos e no próximo pleno do 28 de xaneiro Ribadeo xa levará a proposta de convenio de colaboración entre a Augas de Galicia e os Concellos de Trabada e Ribadeo para levar a cabo esta inversión tan importante”.




















Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
O 112 Galicia tivo constancia dos feitos contra as 19:30 horas deste venres, a través dun particular que se atopaba no punto: un coche que participaba nunha proba de rallye en San Fiz de Paz (Outeiro de Rei) perdeu unha roda, e esta acabou golpeando a un espectador, quen precisaba asistencia sanitaria. De inmediato, desde o 112 Galicia informouse a Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil. Foi a propia organización do evento a que se fixo cargo do traslado.
O paseo polas rúas da vila xunto as Sanluqueiras e Sanluqueiros e o pregón de Luis Rego marcaron o arranque oficial das feiras e festas mindonienses, que chegan este ano a edición 870. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora de forma estable e continuada coa Asociación As San Lucas de Mondoñedo, cunha achega da área de Cultura que este ano -coincidindo coa 870 edición- incrementou dos 20.000 aos 30.000 euros.
Trátase dunha iniciativa que favorece a colaboración entre o tecido asociativo e o voluntariado para mellorar e conservar as contornas naturais do municipio. Os traballos centráronse na limpeza deste espazo costeiro, contribuíndo ao seu coidado e á conservación do medio natural. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata a praia para acompañar as persoas participantes nesta iniciativa agredecendo a implicación de Mistura de Lieiro e das persoas voluntarias que participaron nesta xornada, contribuíndo, coa súa colaboración, a manter limpos e coidados os espazos naturais de Cervo.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.



