Falemos claro ¿En que clase de país de merda estámonos transformando? Os nenos son educados pola tele porque os seus pais traballan máis horas ca un reloxo e si non traballan pasan o tempo no bar da esquina, xogando ao futbito, facendo ciclismo ou pescando na ribeira.
A “tele” emite auténtica merda ao lado xusto de programas educativos (colocados na segunda cadea como moito).
Este mesmo país de merda métese farlopa ata polas orellas, porque somos un país de novos ricos, novos ricos idiotas que pensamos que 1000 Euros é unha fortuna. E comprámonos un coche a 7 anos, un piso de 40 m2 a 40 anos (e ¿estar de aluguer eu?- iso é de pobres!!), pedimos créditos para 5 días de vacacións en Canarias, bueno pediamos, porque hoxe os bancos non soltan nin un real. Créditos que, obviamente, devolveremos en 2 ou 3 anos. Preferimos aparentar que ser, porque somos un país de ricos. De novos ricos estúpidos, e a publicidade axúdanos a ser aínda máis estúpidos, para que non quere dúbida algunha de que o importante é consumir, mercar.
Como non, a nova moral dun país de merda xustifícao todo mentres dea diñeiro. ¿Por que malgastar horas de valiosa televisión con programas de calidade, cando botando merda, merda, merda e máis merda a publicidade é máis cara e (eles, os da tele) gañan diñeiro?
É esa televisión a que sintetiza o país de merda no que nos estamos convertendo, esa televisión que fai noticia da desgraza dun pobre cidadán ou, peor aínda, rise del como sucede en “Callejeros”. Esa televisión que senta ante a máquina da verdade a un asasino para banalizar o seu crime ou á tetona que se deitou con non sei quen, facéndonos perder o límite entre o ben e o mal , o xusto e inxusto. Esa televisión que nos serve na comida e na cea sangre e cadáveres de mulleres malladas, nenos queimados ou pobre xente con problemas e converte aos seus veciños en testemuñas excepcionais de algo que non ten ningunha relevancia, coma se non houbese máis temas dos que falar. Hai máis temas dos que falar, a tele podería facernos pensar, reflexionar, pero entón non seriamos un país de merda, seriamos outra cousa.
Pero moito coidado. Nun país de merda hai cousas que non se tocan. O novo opio do pobo non se toca, a patria, a relixión católica apostólica e roman, o Rei…. (que tanto necesitamos) non se toca. Quen se atreve agora a criticar publicamente aos que acabo de nomear? Case ninguén. Como ninguén se atreverá a criticar ou parodiar á inmaculada Familia Real. Porque nun país de merda como no que nos estamos convertendo, fan falta ‘tabús’ e talibáns de toga posta para defendelos.
Dá igual que sexamos o país con máis índice de consumo de cocaína, dá igual que teñamos unha televisión que dá noxo e que nos agrede día a día coa súa merda servida calentita en horario infantil, dá igual que sexamos un país endebedado que non chega a final de mes, dá igual que os nosos políticos dean noxo e que o noso país está quedando nos ósos privatizando o que é de todos, todo dá igual mentres a xente non pense. Mentres ninguén levante a voz contra os novos tabús seremos un país de merda, e se alguén se atreve a alzalos… terá o seu merecido. Teño algunha experiencia diso.
Otero Regal

















Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A alcaldesa Marta Rouco inaugurou a cita, que abriu coa IV Volta Ciclista á Terra Chá e cunha programación centrada na relación entre Galicia e Cuba e na memoria da emigración. Houbo unha mesa redonda sobre o Centro Galego da Habana, a exposición Galicia Imaxinada e música, ademais dunha mostra de xornais antigos. Rouco reivindicou a importancia de lembrar a emigración galega e apelou a mirar con humanidade as migracións actuais, destacando tamén o papel das asociacións culturais das parroquias na conservación das tradicións. A feira continou con desfile de época, xantar popular, xogos, animación, baile cubano, foliada, queimada e propostas musicais e artesanais ata a noite.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Ocorreu minutos antes das 11:30 horas. Unha persoa foi trasladada ao hospital tras resultar ferida na colisión entre un coche e un autobús no quilómetro 512 da A-8 en sentido A Coruña, en Vilaframil (Ribadeo). Entre os alertadores estiveron as persoas que viaxaban no coche, que puideran saír do vehículo. Por outra banda, o autobús conseguiu deterse uns metros máis adiante. Ao punto desprazáronse Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da autovía.
O próximo luns 14 de setembro comeza un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



