O Concello aposta por un tratamento combinado dos residuos orgánicos a través da compostaxe industrial e doméstica, dadas as súas vantaxes ambientais e económicas
Cervo, 13 de febreiro, 2025. O Concello de Cervo continúa a traballar na correcta xestión dos residuos orgánicos e por iso, máis aló de implantar o contedor marrón para a recollida diferenciada desta fracción e a súa posterior entrega na planta de biorresiduos que Sogama ten nesta localidade, decidiu dar continuidade á autocompostaxe nas zonas máis rurais. Desta forma, o ente local aposta pola compostaxe da materia orgánica vía industrial e doméstica, dadas as súas vantaxes ambientais e económicas.
Co fin de seguir estendendo a autoxestión dos restos orgánicos a nivel domiciliario, o concello vén de recibir de SOGAMA unha nova partida de 25 composteiros para distribuír entre outras tantas vivendas, que en todo caso deben ser unifamiliares e dispoñer de terreo (xardín, horta e/ou terras de cultivo) no que aplicar o compost resultante; un fertilizante natural, que máis aló de achegar nutrientes ao solo, mesmo o preserva fronte a pragas e enfermidades.
Esta mesma semana, a rexedora, Dolores García Caramés, e a edil de Medio Ambiente, Mali Méndez, xa comezaron a entregar os recipientes entre os veciños interesados.
As familias interesadas poden poñerse en contacto co Concello e recibirán ademais do composteiro, un manual didáctico no que se describe a técnica a aplicar, a relación de materiais que deben, e non deben, introducirse no composteiro, o lugar idóneo para o seu emprazamento (no exterior da vivenda, nunha zona protexida das inclemencias meteorolóxicas e en contacto directo co solo para facilitar a entrada dos microorganismos descompoñedores) e o control de parámetros tales como o osíxeno, a temperatura e a humidade.
Igualmente, o manual dá resposta ás preguntas máis frecuentes e aos erros máis comúns.
O Concello de Cervo continúa así promovendo unha práctica tradicional no rural galego, como é a segregación dos restos orgánicos para alimento do gando e/ou a elaboración de compost, pero dunha forma máis cómoda, hixiénica e eficiente ao contar co composteiro e, por suposto, coa formación necesaria por parte dos usuarios.
























Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
A convocatoria está fixada para as 19.30 horas no salón de sesións da Casa Consistorial. Un dos puntos da orde do día inclúe a proposta para designar as festividades locais de 2027. Tamén se presentarán dous expedientes de recoñecemento extraxudicial de crédito. Ademais, a corporación someterá a aprobación as actas das sesións celebradas os días 8 e 15 de xullo. A orde do día completarase coa parte de control, na que se dará conta das resolucións da Alcaldía e se abrirá a quenda de rogos e preguntas.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.



