Ribadeo, 22 de febreiro de 2025. Ribadeo impulsa o polígono industrial grazas á rebaixa do 35% no prezo do solo. O alcalde, Dani Vega, considera que se trata dun importante salto cualitativo e cuantitativo.
O rexedor manifestou que “despois de moitas xestións Sepes escoitou a proposta do Concello de Ribadeo, escoitou unha proposta positiva, que ten unha clara vocación, que é dinamizar e impulsar o noso polígono industrial. Ata o de agora somos conscientes que temos un polígono, pero non industrial. Temos que dar un salto cualitativo no referente a unha baixada de prezo. E por iso a proposta que lle trasladou o Concello era certamente un pouco más ambiciosa, pero temos que destacar que esa baixada do 35% do custe da parcela é significativa e importante”.
Vega dixo que “despois de moitos anos, despois de moito analizar, pero nunca concretar esa baixada en serio do prezo do solo industrial, temos que dar esa boa nova de que o polígono industrial de Ribadeo comeza, o polígono industrial de Ribadeo dá un impulso. É un salto cualitativo e evidentemente cuantitativo no referente a que vai ser un polígono industrial cunha vocación de asentamento de empresa”.
O alcalde ribadense considera que “este é o camiño. Creo que hai que destacar a boa disposición nestes últimos meses de Sepes. Agradézolle tanto a directora, cando nos trasladamos a Madrid e lle propuxemos que baixara o prezo do solo para ser un polígono industrial competitivo, para ser un polígono industrial que chame a todas as empresas, porque evidentemente Ribadeo ten que dinamizar a súa economía, diversificar o seu poder económico e polo tanto creo que Ribadeo deu un salto moi importante”.
Dani Vega indicou que “o prezo do solo industrial era outro dos problemas que tiñamos en Ribadeo historicamente. Parece que vamos abrindo follas novas na reivindicación e no traballo dando froitos positivos como é o polígono industrial”.
O rexedor subliñou que “esa rebaixa do solo do 35% é un dato moi importante, é poñer a Ribadeo dentro da estratexia económica de moitas empresas que buscan solo industrial e hoxe xa se lles abren as portas aquí en Ribadeo. Polo tanto, agradecemento a Sepes e a todas as persoas que representan a Sepes polo seu traballo conxunto con este Concello e agora a traballar xuntos na información, na maneira de impulsar conxuntamente o polígono industrial e tamén ter unha estratexia de comercialización conxunta”.
























Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
A convocatoria está fixada para as 19.30 horas no salón de sesións da Casa Consistorial. Un dos puntos da orde do día inclúe a proposta para designar as festividades locais de 2027. Tamén se presentarán dous expedientes de recoñecemento extraxudicial de crédito. Ademais, a corporación someterá a aprobación as actas das sesións celebradas os días 8 e 15 de xullo. A orde do día completarase coa parte de control, na que se dará conta das resolucións da Alcaldía e se abrirá a quenda de rogos e preguntas.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.
Villares destacou que a Administración autonómica reafirma o seu compromiso con esta cita, adicada a enxalzar a calidade deste produto do mar e a poñer en valor o esforzo dos profesionais do sector. Así mesmo, subliñou a importancia das festas gastronómicas na promoción turística e na dinamización económica da zona.



