A Deputada Pilar García Porto presidiu a reunión do Consello Provincial de Turismo celebrado este venres no que se avanzaron algunhas das accións da institución para este ano e se ratificaron as bases dos Premios de Turismo que terán lugar en setembro
Lugo, 28 de febreiro de 2025. A Vicepresidenta do Consello Provincial de Turismo e Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, presidiu este venres no Salón de Plenos da Deputación unha reunión deste órgano participativo e consultivo, no que avanzou as accións da institución provincial para este ano 2025 e se ratificaron as bases dos Premios de Turismo que se celebrarán no mes de setembro.
García Porto sinalou que a institución provincial seguirá a reforzar o seu modelo de turismo de calidade e sostible, deseñado para posicionar a provincia como “un destino de referencia” baseado nunha oferta diversa e respectuosa co medio ambiente que é capaz de fomentar o desenvolvemento económico local. Entre as iniciativas destaca unha nova edición do programa de viaxes gratuítas Coñece a túa provincia, este ano coa participación de 132 colectivos sen ánimo de lucro. “Unha acción que deseñamos no 2021 para apoiar a un sector tocado pola pandemia e co que xa conseguimos un retorno económico para a hostalaría e o turismo de máis de 600.000€”, valorou a Deputada.
“A proxección nacional e internacional tamén seguirá a ser un eixo clave na estratexia turística da nosa provincia”, avanzou Pilar García Porto. Sinalou que a institución xa participou en este comezo de ano en feiras e eventos da transcendencia de FITUR, Dakar ou Madrid Fusión e ten ademais confirmada a colaboración en grandes citas deportivas, como La Vuelta. Ademais as rutas fluviais seguirán a ser unha proposta estratéxica fundamental na Ribeira Sacra durante o 2025. Esta oferta da Deputación superou todas as expectativas o ano pasado con máis de 61.000 viaxeiros nas rutas do Canón do Sil e Cabo do Mundo.
Bases dos premios á excelencia turística e gastronómica
O Consello de Turismo ratificou ademais este venres as bases da sexta edición dos premios á excelencia do turismo da provincia nas diferentes categorías: Lugo Cambia ao Turismo Lucense, Turismo Sostible e …E para comer, Lugo á Gastronomía Lucense. Un ano máis, poderanse presentar persoas físicas ou xurídicas, institucións e entidades públicas ou privadas, asociacións e colectivos sen ánimo de lucro de ámbito local e autonómico, nacional e internacional desde a súa publicación no Boletín Oficial da Provincia (BOP) e coa intención de entregalos en setembro durante un acto público.
O xurado estará composto un ano máis polos representantes do Consello Provincial de Turismo que, nunha sesión extraordinaria, fallará os tres premios nas diferentes categorías. Estes galardóns teñen un carácter honorífico, igual que nas anteriores edicións, e consistirán nun diploma acreditativo e un agasallo.





















O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



