Navia, 19 de marzo, 2025. O Concello de Navia continúa co proceso de actualización de numeración de edificios e denominación de vías nas parroquias de Villanueva de Talarén e Anleo. Tal como ocorreu previamente en Villapedre, Andés e a zona rural de Porto de Vega, xa se produciu a actualización no Instituto Nacional de Estatística (INE), o que supón a adaptación do censo electoral e padrón municipal ás novas direccións.
Os veciños destas zonas comezaron a recibir nos seus domicilios a notificación coa súa nova dirección. Para facilitar o proceso de cambio, o Concello habilitou un visor público na súa páxina web, onde os cidadáns poden comprobar a actualización dos datos: https://qrcd.org/8NJk
Ademais o Concello de Navia ofrece o Servizo de Cliente Lixeiro, mediante o cal os cidadáns poden solicitar o cambio de domicilio en diversos organismos de maneira centralizada:
Axencia Estatal de Administración Tributaria (AEAT)
Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS) – Só deben usalo pensionistas de calquera tipo e xubilados.
Tesourería Xeral da Seguridade Social (TGSS)
Dirección Xeral de Policía (DGP)
Dirección Xeral de Tráfico (DXT) – Para condutores
Principado de Asturias
Junta de Andalucía
Comunidade Autónoma de Valencia (Sanidade)
E grazas a un convenio coa Dirección Xeral de Tráfico (DXT), o Concello pode xestionar directamente o cambio de domicilio fiscal dos vehículos, evitando desprazamentos innecesarios.
Este servizo tamén está dispoñible para aqueles veciños de Villapedre, Andés e a zona rural de Porto de Vega que aínda non realizasen a actualización do seu domicilio.
Estes trámites deben realizarse de forma presencial, solicitando cita previa no teléfono 985 630 094 (ext. 9-2011). Para máis información e consultas, poden contactar co Concello a través das canles habituais.























Castro destacou o labor da Asociación e o potencial da tradición do ferro como motor económico, social e cultural para Riotorto, subliñando a importancia de impulsar iniciativas que garantan futuro para estes oficios. A Deputación de Lugo mantén unha colaboración estable coa entidade, cunha achega de 14.000 euros. No marco deste apoio, a Asociación avanzou na documentación dos oficios do ferro, catalogando ferramentas, técnicas e a historia das antigas “ferrerías de monte”.
O responsable provincial destacou "o traballo realizado pola organización ao longo destes anos para consolidar unha proba deportiva de primeiro nivel, que atrae tanto deportistas do máximo nivel competitivo como participación popular"
O grupo teatral O Centiño de San Martiño (Foz) actuou este sábado en Marzán, convidado pola asociación veciñal Torques de Marzán. O local quedou pequeno ante a resposta do público: 73 persoas, un récord de asistencia para unha obra de teatro na parroquia. A comedia provocou constantes risas e un ambiente moi participativo. A iniciativa volve demostrar o valor de levar actividade cultural e teatro afeccionado ás parroquias e barrios, achegando propostas escénicas a lugares afastados dos grandes circuítos. O Centiño continuará a xira de “O Autobús” nas vindeiras semanas: Sábado 25 de abril: Vilaronte (Foz). Sábado 2 de maio: Casa da Cultura de Trabada
A xornada contou con degustación gratuíta de viños elaborados por adegas da contorna, unha cata comentada e un mercado de produtos gastronómicos locais, permitindo aos asistentes coñecer de primeira man a riqueza do produto de proximidade. O pregón desta edición correu a cargo de Alejandro Gándara, quen presentou o seu proxecto audiovisual 360 curvas, unha obra que reflexiona sobre a distancia entre A Fonsagrada e Lugo e sobre o conflito social e político asociado á perda da súa condición de cabeceira de comarca, no marco da loita contra a despoboación.
Dezaoito locais hostaleiros de Ribadeo, Rinlo e Vilaframil ofrecerán diversas preparacións ata o domingo: en escabeche, en salpicón, en empanada, ao allo, á prancha, en albóndega, etc… Todas as propostas poden consultarse nas redes sociais de Acisa Ribadeo, que agradece “unha vez máis o apoio da OPP do Porto de Burela, que nos doou 90 quilos de cabala para estas xornadas, produto que entregamos de xeito gratuíto aos locais participantes. Achegámoslles así unha parte do peixe que empregarán nesta nova cita gastronómica na que tamén colabora o Concello de Ribadeo”. Ata o porto, ao restaurante Marinero, se achegaron este venres o director territorial da Consellería de Mar, Alexandre Piñeiro, as concelleiras ribadenses Montse Seijo, Elena Sierra e Begoña Sanjurjo, a presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, o xerente do colectivo empresarial, Jesús Pérez, e o técnico de Acisa, Jorge Fernández, que puideron degustar as elaboracións realizadas por este establecemento hostaleiro.
O sábado tivo lugar no Casino o III Showcooking, con cociña en directo e maridaxe de viños. O público poderá votar os seus pinchos favoritos e participar no sorteo dunha noite no hotel Marqués de Riscal. A entrega de premios será o luns 20 ás 19:00 h. O Concello e Destino Navia animan a veciños e visitantes a gozar desta cita gastronómica.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.



