Ribadeo, 28 de marzo de 2025. Ribadeo é un dos Concellos da provincia que recibe máis fondos europeos. Así o ven de subliñar o alcalde, Dani Vega.
O rexedor contou que “hoxe inauguramos xunto co conselleiro de Facenda e Administración Pública a exposición Fondos Europeos. Moitas veces pensamos que estes fondos están moi lonxe do noso Concello, vemos moi lonxe tamén a Administración da Unión Europea, pero sen lugar a dúbida están moi preto. Se o Concello de Ribadeo é o concello que máis fondos europeos xestionou da Mariña, é porque hai unha xestión, hai un traballo e tamén estamos atentos captando fondos europeos para mellorar moitos espazos. Poñemos exemplos moi importantes, o abastecemento da auga, obra prioritaria e a máis importante desta lexislatura, estamos falando de 8,5 millóns de euros. Canto aporta a xunta? 7,5. Deses 7,5 ou 60 % son fondos europeos. Polo tanto, estamos xestionando fondos para unha obra prioritaria, unha obra fundamental e unha obra que é sumamente interesante para o crecemento de Ribadeo. Evidentemente que se non hai auga non podemos falar de crecemento en construción de vivenda ou en crecemento tamén de industria e empresa”.
Vega dixo: “evidentemente, nun Concello como o de Ribadeo o turismo, que é un sector moi importante, non pode estar traballando estratexicamente se non hai un abastecemento de auga que garanta o servizo. Trátase dunha obra fundamental, que en breve comezaremos, o 60 % deses fondos son europeos”.
O alcalde explicou que “agora, que vamos tamén conservar todo o espazo das Catedrais, que é rede natura, que tamén está declarado como monumento natural e debemos conservar e coidar entre todos, deses orzamentos que destinamos e aprobamos en pleno, 271.000 euros, son 100 % fondos europeos. Iso tamén é moi importante e agradecemos tanto a Xunta como a Costas a colaboración, pero é unha xestión feita por este Concello”.
Dani Vega seguiu a relatar: “se agora queremos seguir eliminando as plantas invasoras que hai no entorno da ría, o orzamento é 100 % europeo. En todas as grandes actuacións que está facendo este Concello, os fondos son europeos. Polo tanto, nun é tan lonxe cando poñemos exemplos que visualizamos todos, e así comprendemos, entendemos, que unha administración debe estar para captar fondos, veñan de onde veñan. Se agora vamos en breve renovar a rúa Reinante, que está destrozada por unha falta de conservación, esa parte que estamos investindo, tamén hai unha parte que son fondos europeos, fondos que vamos visualizar perfectamente e que temos moito máis preto do que pensamos”.
E engadiu: “agradézolle ao conselleiro esta visita a Ribadeo para acreditar que este Concello é a administración que máis fondos europeos xestionou da Mariña practicamente, fora de Lugo cidade, da provincia. Estamos moi contentos, moi satisfeitos, e seguiremos nesta liña de xestión, de traballo rigoroso e entre todos facer posible que Ribadeo avance”.





















Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A alcaldesa Marta Rouco inaugurou a cita, que abriu coa IV Volta Ciclista á Terra Chá e cunha programación centrada na relación entre Galicia e Cuba e na memoria da emigración. Houbo unha mesa redonda sobre o Centro Galego da Habana, a exposición Galicia Imaxinada e música, ademais dunha mostra de xornais antigos. Rouco reivindicou a importancia de lembrar a emigración galega e apelou a mirar con humanidade as migracións actuais, destacando tamén o papel das asociacións culturais das parroquias na conservación das tradicións. A feira continou con desfile de época, xantar popular, xogos, animación, baile cubano, foliada, queimada e propostas musicais e artesanais ata a noite.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
O próximo luns 14 de setembro comeza un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



