Este novo centro suporá un avanze en número de prazas e atención integral no concepto de saúde mental para o sistema galego
Cervo, 4 de Abril, 2025 . A Asociación Saúde Mental “A Mariña” inaugurará o próximo martes, 8 de Abril o cuarto Centro de Rehabilitación psico-social e laboral da entidade, este situado en Cervo, e oitavo Centro especializado da entidade.
O evento, que terá lugar na Carretera de Sargadelos, 10, baixo , a partir das 12:00 horas, reunirá a mais de 200 persoas sensibilizadas co colectivo de saúde mental, onde se vislumbrará tanto a misión como a visión da entidade, sempre aderezada dos seus valores, poñendo en valor a importancia de formar parte da memoria histórica, coa creación de infraestructuras diáfanas e modernas , onde mellorar a calidade de vida de tódolos pacientes e poñendo á persoa no centro de tódalas atencións.
En palabras da súa directora técnica, Mª José Nóvoa, “nesta inauguración, na que estamos a depositar moitas ilusións, queremos agradecer a tódalas entidades implicadas, especialmente ao Concello de Cervo e á Xunta de Galicia, que esta xornada sexa unha realidade, contribuíndo sempre coa súa sensibilidade a visibilizar a este colectivo e as enfermidades mentais, e a loitar contra un estigma aínda presente na nosa sociedade”. Sen o apoio da Consellería de Sanidade, con quen ten concertadas as prazas dos Centros de Rehabilitación Psicosocial e Laboral de Burela, Viveiro e Ribadeo asi como do piso protexido e das dúas Unidades Residenciais, este proxecto non sería posible. A este apoio das entidades públicas súmase o apoio tamén de entidades da sociedade civil, como A Fundación Amancio Ortega, que colaborou co equipamiento do centro de rehabilitación , e o apoio incondicional dos propios traballadores e usuarios da entidade Saude Mental A Mariña; mais de 40 persoas que fixeron este centro unha realidade.
Os asistentes ao acto serán agasallados por parte d@ usuari@s da entidade, entregando un detalle persoal feito por eles mesmos.
Durante todo acto contaremos con un dúo de Violín e e Violonchelo do Conservatorio de Viveiro, para pasar despois a disfrutar dun ágape de confraternidade tod@s xuntos.
A Asociación Saúde Mental “A Mariña”
A entidade, cos seus Centros de Rehabilitación psico-social e laboral, sitos en Burela, Ribadeo e Viveiro, así como co piso protexido, trata de mellorar a calidade de vida das persoas que padecen un trastorno mental crónico , derivadas polo Servizo Galego de Saúde.
A apertura da primeira Unidade Residencial en Cervo no 2011, sendo a cuarta especializada de toda Galicia , e con 25 prazas concertadas co Sergas , así como a vivenda tutelada para mulleres vítimas de violencia de xénero con enfermidade mental, única do País, supuxeron un adianto cuantitativo e cualitativo en canto a dar cobertura integral a moitas persoas diagnosticadas de enfermidade mental crónica que precisan dunha atención residencial integral.
Coa suma da nova residencia, denominada Residencia Resort de Saúde Mental A Mariña , o pasado ano , melloran a calidade de vida dun gran colectivo con grandes proxectos de vida individualizados e consensuados.
A apertura deste novo Centro de Rehabilitación Psico-social e laboral en Cervo, supón un maior mantemento e integración na contorna das persoas con problemas de saúde mental , promovendo a súa integración social e familiar, mellorando o funcionamento psico-social e posibilitando a maior independencia posible.
A súa misión é, pois, prestar unha asistencia continuada ás persoas con enfermidade mental persistente para lograr a súa rehabilitación, así como á das súas familias, na Area Sanitaria da Mariña de Lugo, así como a nivel autonómico; sempre tendo en conta os valores de profesionalidade, transparencia, traballo en equipo, eficacia, afecto, comprensión, implicación e seguridade. E por suposto, indo sempre da man de Saúde Mental Feafes Galicia, Federación á que pertencemos dende a nosa creación.
Dende a Asociación queremos amosar unha vez máis o noso agradecemento a esas persoas, entidades e colectivos que, desinteresadamente, quixeron colaborar coa causa e agradecer a todos os mariñáns que se unirán a ser partícipes dun feito histórico para a nosa entidade, acompañándonos para seguir a traballar todos xuntos por romper co estigma que acompaña ás persoas con enfermidade mental e mellorar a súa calidade de vida.
O CENTRO DE REHABILITACIÓN PSICOSOCIAL E LABORAL DE CERVO
As Enfermidades Mentais
As enfermidades mentais representan unha importante carga para os pacientes que as padecen e para as súas familias. Na súa inmensa maioría, aparecen en idades produtivas da vida, tendo un alto impacto social en termos de taxa de desemprego, absentismo laboral e perda de produtividade no traballo.
A Organización Mundial da Saúde (OMS) estima que unhas 700 millóns de persoas no mundo padecen enfermidades mentais e neurolóxicas. Polo tanto, son enfermidades que padece unha gran parte da poboación; é máis, o 25% dos españois sofre alomenos un trastorno mental ao longo da súa vida.
O tratamento das enfermidades mentais precisa dunha abordaxe global que inclúa atención médica, farmacolóxica, psicoterapéutica e familiar; pode levar unha vida autónoma igual que calquera outra persoa que padece outro tipo de enfermidade crónica

























O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.



