Sete colectivos de Meira, Cospeito, Vilalba, Castro de Rei, O Corgo, Becerreá e A Pastoriza participarán ata este venres no programa gratuíto que impulsa a institución provincial e que beneficiará a máis de 3.000 persoas esta quinta tempada
Lugo, 8 de abril de 2025. A Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, recibiu este martes no Salón de Actos do Pazo de San Marcos á Asociación Cultural Airiños do Miño, de Meira, no marco do programa Coñece a túa provincia, a iniciativa de viaxes gratuítas posta en marcha pola institución provincial co obxectivo de dinamizar o turismo e a economía local. Esta semana participarán neste programa máis de 160 veciños e veciñas de Meira, Cospeito, Vilalba, Castro de Rei, O Corgo, Becerreá e a Pastoriza.
O mércores a Asociación Veciñal, Recreativa e Cultural de San Martiño de Pino (Cospeito) partirán a ruta desde a produtora do Servizo de Audiovisuais da Deputación para despois coñecer, na Ribeira Sacra, o miradoiro sobre o Canón do Sil, realizar o percorrido en catamarán e visitar unha igrexa románica. Nesta mesma xornada, os integrantes do Instituto de Estudios Chairegos Pena do Encanto (Vilalba) coñecerán o Pazo de San Marcos e visitarán en Ribas de Sil a abadía de San Clodio e en Quiroga o Xeomiradoiro de Campodola, entre outros lugares.
O xoves viaxarán ata A Mariña a Asociación de Mulleres Rurais A Xuntanza (Castro de Rei) e a Asociación de Veciños, Cultural e Deportiva Os Cinco Ríos (O Corgo). Os primeiros partirán do Centro de Interpretación Terras do Miño e despois visitarán o Museo Histórico de Sargadelos e o Paseo dos Namorados. Os segundos comezarán a ruta na Granxa Gayoso Castro da Deputación e logo achegaranse ata os fornos da Pontenova, a área recreativa de Boulloso e o miradoiro ornitolóxico de Ría de Abres en Trabada.
O venres rematarán as visitas da semana coa Asociación, Veciñal, Cultural, Deportiva os Grobos (Becerreá) e a Asociación de Veciños de Vian (A Pastoriza). Os veciños e veciñas de Becerreá escolleron unha ruta que partirá do Mazo de Santa Comba e na que despois descubrirán o convento do Divino Salvador de Ferreira de Pantón e a igrexa de San Miguel de Eiré. Ademais, tamén visitarán o núcleo dos Peares a unha adega da zona. Por outra banda, os integrantes da entidade pastoricense visitarán o Centro de Interpretación Terras do Miño, a aldea do Cebreiro e a localidade de Triacastela.
A quinta tempada do programa Coñece a túa provincia arrancou a pasada semana coa participación de case cen persoas de catro colectivos e desenvolverase en dúas quendas: a primeira delas será ata finais de xuño e a segunda retomarase do mes de setembro a outubro. En total, beneficiaranse máis de 3.000 persoas de entidades sen ánimo de lucro que teñen a súa sede nalgún dos 67 concellos da provincia.
Esta iniciativa tamén inclúe de balde, o transporte para os traslados de ida e volta dende o lugar ou lugares de orixe, póliza de seguros de viaxeiros, menú de xantar, e entradas e visitas a diferentes lugares de interese da provincia de Lugo. Ademais, estas visitas realízanas profesionais que contan coa habilitación de guía oficial de turismo de Galicia.






















O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Ocorreu minutos antes das 11:30 horas. Unha persoa foi trasladada ao hospital tras resultar ferida na colisión entre un coche e un autobús no quilómetro 512 da A-8 en sentido A Coruña, en Vilaframil (Ribadeo). Entre os alertadores estiveron as persoas que viaxaban no coche, que puideran saír do vehículo. Por outra banda, o autobús conseguiu deterse uns metros máis adiante. Ao punto desprazáronse Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da autovía.
O próximo luns 14 de setembro comeza un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
Finalizado o encontro, de carácter privado, o Cónsul asinou no Libro de Ouro da Deputación e a Presidenta fíxolle entrega dun agasallo institucional. Trala xuntanza Carmela López manifestou a súa satisfacción porque “traballamos para avanzar en novas vías de colaboración, e en posibles proxectos que serven para reforzar a relación entre a Deputación e o veciño país de Portugal”.



