Este volume de reclamacións tramitadas certifica o que levamos meses denuncuando dende o PP: “O nefasto estado de conservación da rede viaria provincial é unha realidade que nin PSOE nin BNG poden negar, o que está a xerar danos materiais e económicos aos lucenses, así como poñendo en risco a seguridade viaria e a integridade dos condutores”
Lugo, 10 de abril de 2025. O voceiro provincial popular, Antonio Ameijide, desvela que nos tres primeiros meses do ano xa se tramitaron 21 reclamacións ante a Deputación de Lugo por danos producidos en vehículos na rede viaria provincial, derivados do “nefasto estado de conservación das estradas provinciais”.
Antonio Ameijide sinala que estas reclamacións producíronse en concellos de toda a provincia, como O Corgo, Xermade, Pantón, Castro, Friol, Guitiriz ou Cospeito. “Todos os lucenses que a diario circulamos polas estradas da nosa provincia sabemos que hai dous tipos de estradas que está nun estado de conservación moi malo, as que dependen do Goberno do Estado e as que dependen da Deputación de Lugo”, explicou.
A realidade é que PSOE e BNG abandonaron por completo as estradas provinciais. “Levamos moitos anos denunciando a falta total de mantemento” o que derivou en que no que levamos de ano xa se produciron estas 21 reclamacións ante a Deputación por danos sufridos en vehículos polas fochancas e as deficiencias da rede viaria provincial.
“Son un verdadeiro perigo para os condutores que a diario percorremos a rede viaria provincial”, denunciou, con socavóns de grandes dimesións, chegando algúns a ter máis de 20cm de profundidade.
Unha das reclamacións efectuadas ante a Deputación é a dunha veciña que sufriu un rebentón nunha roda na estrada provincial LU-P-2303. No propio informe establécese que “pódese ver na estrada dous baches, a saída dunha curva, e que por mor da chuvia atópanse cheos de auga. Feitas as medicións, o bache que sinala o condutor como causante do rebentón do pneumático, ten entre 5 e 6cm de profundidade no seu contorno, sendo máis profundo na súa parte central, medindo aproximadamente 1,10m de longo e 1m de ancho”.
Outra das reclamacións exercidas ante a Deputación de Lugo é a dunha veciña que circulando pola estrada LU-P-4113, en Pantón, sufriu danos no seu vehículo a causa dunha fochanca “de grandes dimensións, de 80x60cm”. No informe establécese que “se realiza inspección ocular del lugar del siniestro comprobando la existencia de un socavón con dimensiones 80x60cm de ancho dentro de la zona de circulación de los vehículos el cual no se encontraba señalizado”.
Outra das reclamacións sinala que en Cospeito, na LU-P-1706 “no punto quilométrico 4,85 hai un bache de grandes dimensións, cunhas medidas de 1 metro de largo, 50cm de ancho e 15cm de profundidade, con aristas cortantes e que se encontraba sen sinalizar, motivo polo cal sufriron danos importantes as debanditas rodas”.



















A alcaldesa Marta Rouco inaugurou a cita, que abriu coa IV Volta Ciclista á Terra Chá e cunha programación centrada na relación entre Galicia e Cuba e na memoria da emigración. Houbo unha mesa redonda sobre o Centro Galego da Habana, a exposición Galicia Imaxinada e música, ademais dunha mostra de xornais antigos. Rouco reivindicou a importancia de lembrar a emigración galega e apelou a mirar con humanidade as migracións actuais, destacando tamén o papel das asociacións culturais das parroquias na conservación das tradicións. A feira continúa con desfile de época, xantar popular, xogos, animación, baile cubano, foliada, queimada e propostas musicais e artesanais ata a noite.
Ocorreu minutos antes das 11:30 horas. Unha persoa foi trasladada ao hospital tras resultar ferida na colisión entre un coche e un autobús no quilómetro 512 da A-8 en sentido A Coruña, en Vilaframil (Ribadeo). Entre os alertadores estiveron as persoas que viaxaban no coche, que puideran saír do vehículo. Por outra banda, o autobús conseguiu deterse uns metros máis adiante. Ao punto desprazáronse Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da autovía.
O próximo luns 14 de setembro comeza un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
Finalizado o encontro, de carácter privado, o Cónsul asinou no Libro de Ouro da Deputación e a Presidenta fíxolle entrega dun agasallo institucional. Trala xuntanza Carmela López manifestou a súa satisfacción porque “traballamos para avanzar en novas vías de colaboración, e en posibles proxectos que serven para reforzar a relación entre a Deputación e o veciño país de Portugal”.
Este venres visitaron Ferrol e As Pontes, e o sábado serán os actos institucionais de benvida no concello de Ribadeo. Pola mañá será inaugurada unha placa conmemorativa da visita, e despois a recepción oficial na Casa do Concello.
Villares detallou algunhas destas accións no encontro empresarial organizado en Vilalba pola organización profesional BNI LOU VCR Breogán, un grupo de networking integrado por unha trintena de empresarios e profesionais da provincia. Entre outras, referiuse ás axudas para favorecer o establecemento dos traballadores autónomos ou para o fomento da contratación; os plans do Igape para a expansión e innovación do tecido produtivo, ou as iniciativas de formación. “Apoiar as empresas, as pemes e aos autónomos é apoiar o futuro do territorio”, afirmou.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.



