Unha xornada para reivindicar o valor do encaixe artesanal e o papel das mulleres na tradición cultural galega
Burela, 16 de abril de 2025. O Concello de Burela, en colaboración coa asociación cultural e artesanal de mulleres palilleiras As Encaixeiras, organiza o XV Encontro de Palilleiras, que terá lugar o sábado 17 de maio na vila mariñeira.
Trátase dunha xornada dedicada a poñer en valor o traballo artesanal das palilleiras, con demostracións en vivo, actividades culturais, degustacións gastronómicas e sorteos, nun ambiente festivo para todos os públicos.
O programa comezará ás 10:30 h coa recepción das participantes, seguida dunha ampla demostración de traballos artesanais durante toda a mañá. A inauguración oficial está prevista para as 11:30 h, e media hora máis tarde terá lugar unha degustación de empanada de pescada, acompañada dunha visita ao Monte Castelo e á Igrexa da Vila do Medio.
Tras unha pausa para a comida, de 14:00 a 16:00 h, retomarase a actividade cunha nova sesión de demostracións ás 16:00 h.
O día culminará co sorteo de agasallos ás 17:30 h e a despedida ás 19:00 h.
Ademais, ao longo do día haberá un programa complementario que inclúe a visita ao Barco Museo Boniteiro “Raiña do Carme” e ao Museo Histórico de Burela, así como a posibilidade de admirar os murais da confraría de pescadores. Tamén se realizará un obradoiro-cápsula a cargo de Marisa Hermida, dirixido a un grupo reducido, polo que será necesaria inscrición previa.
A xornada estará amenizada por Arume e incluirá actividades para os máis pequenos, como globoflexia e pintacaras.
A alcaldesa de Burela, Carmemla López, destacou que “este encontro é unha homenaxe ao traballo silencioso e minucioso das palilleiras, que manteñen viva unha arte que forma parte do noso patrimonio cultural”. Engadiu tamén que “é unha cita consolidada no calendario local, que pon en valor o papel das mulleres na transmisión da tradición e dinamiza o noso municipio desde o punto de vista cultural e económico”.




















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



