Ao longo dos últimos días celebráronse varios roteiros de sendeirismo, un torneo de fútbol e dous eventos solidarios
Cariño, 22 de abril, 2025. O Concello de Cariño puxo o punto e final á súa programación especial de Semana Santa, que contou cunha gran variedade de actividades para todos os públicos e idades, co deporte como gran protagonista dos últimos días.
Do xoves 17 ao domingo 20 de abril celebrouse o XVI Torneo de Fútbol 8 no o Campo Municipal de Cariño, que se converteu no epicentro do deporte basee coa celebración do torneo organizado polo Club Deportivo Cariño en colaboración co Concello. Más de 900 xogadores procedentes de 17 equipos de toda Galicia participaron neste evento, con conxuntos das categorías prebenjamín, benjamín, alevín e infantil.
Ademais do fútbol, o sendeirismo tamén foi protagonista, con dous roteiros guiados organizadas polo Concello dentro do programa ‘Cariño Camiña 2025’. O xoves 17 tivo lugar o ‘Taller para nenos e meniñas de iniciación ao rastrexo’, cun percorrido de tres quilómetros. Ao día seguinte, o venres 18, celebrouse o Roteiro dá Fornela-Miranda-Herbeira, cun percorrido de 10 quilómetros e dirixida a un público máis adulto.
A programación pechouse o sábado 19 de abril na Praza Roxa cunha comida solidaria organizada pola Asociación Española contra o Cancro e diversas actividades impulsadas polo alumnado do IES Cabo Ortegal para recadar fondos para a súa excursión. O público gozou de varias actuacións musicais do Dúo Boreal, unha Sesión Vermut, unha gran foliada e unha sesión musical a cargo do DJ Miguel Gz.
A xornada de iniciación á calistenia, pendente
Ademais, a programación especial do Concello de Cariño tamén recollía a celebración dunha xornada de iniciación á calistenia prevista para o mércores 16 de abril no Parque de Calistenia do Paseo Marítimo. Con todo, esta actividade tívose que pospoñer ata novo aviso por culpa das condicións climatolóxicas adversas.
























A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Contou con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibiron as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolleu a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destacou a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Ata o domingo achegaronse a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.



