Médicos e médicas do Hospital da Mariña deron lugar á lectura dun manifesto para explicar a situación actual de deterioración da atención ao pacientes froito das decisións da Consellería de Sanidade
Burela, 25 de abril, 2025. Persoal do Hospital da Mariña desenvolveu este venres o 11 día de concentracións para denunciar as carencias dun hospital “incapaz de cubrir as necesidades sanitarias da veciñanza da comarca”. Ás protestas diarias súmase persoal sanitario de todas as categorías, mais tamén usuarias e usuarios que reclaman unha sanidade pública de calidade e de proximidade, “na Mariña e para a Mariña.
A Xunta de Persoal, que convoca as concentracións, denuncia que malia haber camas baleiras no Hospital de Burela, a falta de persoal médico obriga a ingresar pacientes en Lugo, co trastorno que isto implica tanto para as persoas doentes como para a súas familias.
Xunto a isto, advirten que moitas consultas se atopan reducidas ou incluso pechadas “polo que o número de doantes en lista de agarda non fai máis que medrar xerando un abandono absoluto no seguimento destas persoas”. Explica que moitos dos seguimentos “que se deberan facer de xeito ambulante rematan xerando ingresos pola falta de citas regradas nas consultas externas”.
Tras das continuas reclamacións á dirección, critican que a resposta foi a “orde verbal de derivación directa de todas e todos os pacientes da área médica subsidiarios de ingreso ao HULA”. Un traslado ao que se negan moitas das persoas doentes por motivos familiares, imposibilidade de coidados tan lonxe do seu domicilio ou simplemente “por esixir quedar ingresadas no seu hospital de referencia no que teñen dereito”.
Explican que se fan derivacións a centros públicos e privados para a realización de probas complementarias “que poderían ser realizadas no noso centro se estivese dotado dos recursos humanos necesarios”. Neste senso, salientan que non é a persoa doente quen debe trasladarse a outro hospital diferente do seu, senón que “a administración pública ten que garantir que se cumpran os dereitos das persoas doentes”.
Para isto, a xunta de persoal pide que se optimicen os cadros de persoal da área sanitaria, ben contratando novos/as profesionais ou ben dispoñendo de recursos atendendo “a xustiza distributiva”.
Lembran que o 30 de agosto de 2017, cargos da Consellaría de Sanidade explicaron que a reforma da Lei de Saúde e a supresión da Área Sanitaria da Mariña, lonxe de debilitar o hospital, permitiría seguir ampliando a oferta de recursos cunha atención máis próxima e avanzar no número de actividades evitando así os desprazamentos da cidadanía, “algo que no día a día vemos que é unha mentira”.
Diante disto, reiteran que non permitirán “ningún recorte máis nos servizos públicos e no benestar social da poboación por parte da Consellería de Sanidade”.





















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



