Nota de prensa
NOTA DE PRENSA DO PP DE BURELA
O PP pídelle á Deputación que “fale menos e faiga máis” no que respecta ó Perdouro, e ó alcalde que faiga algo, e rápido”.
Fernández Valle e Pernas Chao lamentan que Martínez “prometa un novo e inxustificado retraso”.
A travesía foi traspasada por Fomento ó concello burelés mediante un convenio de 2005.
O Grupo Municipal do Partido Popular (GMPP) burelés, a través dos seus concelleiros Manuel Fernández Valle e Pablo Pernas Chao, pídelle á Deputación que fale menos e faiga máis e o faiga rápido, no referido á reparación da travesía municipal na zona de O Perdouro, a raíza das declaracións feitas polo deputado provincial de Infraestructuras Manuel Martínez.
Fernández Valle e Pernas Chao lembran que o derrube produciuse a finais de xaneiro do presente ano, que en marzo se anunciou que a Deputación faria a obra, que no mesmo mes de fixo a memoria-proxecto, e que Besteiro e o alcalde dixeron que a obra estaría lista en setembro.
Os edís populares consideran que o realmente importante é que Martínez desautoriza a Besteiro e ó alcalde, porque anuncia un novo retraso nestas obras, cando xa hai dez meses do derrumbe, o que resulta a todas luces intolerable para calquera cidadán de Burela.
Ademais, o Sr. Martínez vese que nin coñece Burela, nin coñece a memoria proxecto que se redactou no seu departamento. O título da memoria proxecto é “Reparación taxea transversal no PK 44+750 marxe esquerda da antiga N-642”, en Burela. Pois ben, segundo un convenio asinado polo concello de Burela co Ministerio de Fomento, en dous mil cinco, a N-642, toda ela, ó seu paso por Burela, desde o limite com Foz ó limite com Cervo, pasou de ser competencia do Ministerio de Fomento a ser de competencia municipal, e a taxea transversal forma parte desa travesía, polo que a responsabilidade é do concello. No que se refire á Ponte de Arante en Ribadeo, hai unha competencia da Xunta por estar a ponte catalogada por Patrimonio, pero evidentemente a taxea do Perdouro non tén ningún atractivo nin histórico nin cultural. Agora sí que tén atractivo turístico a nivel local, porque moitos veciños de Burela van alí todos os días para ver se o alcalde é capaz de facer algo.
Polo tanto, segundo Fernández Valle e Pernas Chao, quen enreda e lía as cousas, e por riba promete máis retrasos, é a Deputación. Consecuentemente, temos que pedirlle ó alcalde que faiga algo, e a ser posible rápido, para que este asunto se solucione, ainda que sabemos que pedirlle ó alcalde que faiga algo, e que por riba o faiga rápido, é pedir un imposible. Eso si, o que debería facer o alcalde é pasarlle ó Sr. Martínez unha información correcta, cousa que non fixo, e así se mete o Sr. Martínez onde se mete. De seguir así, cumpliremos o primeiro aniversario do derrube co derrube ainda no seu sitio.
















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



