Trabada, 28 de abril de 2025. A promoción da VI Festa da Enfariñada de Trabada dará un paso máis coa súa presenza na Festa da Filloa de Muimenta este xoves 1 de maio. O Concello de Trabada aposta por esta iniciativa para difundir un dos pratos máis tradicionais da Mariña lucense e convidar a veciños e visitantes a gozar da celebración gastronómica que terá lugar o 4 de maio.
Durante a xornada en Muimenta, os visitantes poderán descubrir a historia e o sabor da Enfariñada, un prato tradicional da Mariña lucense elaborado con ingredientes sinxelos pero cargado de identidade. Ademais, repartirase material divulgativo para animar á xente a desprazarse ata Trabada o domingo 4 de maio e vivir a festa en directo.
A Festa da Enfariñada, que terá lugar na Praza do Concello de Trabada a partir das 12:00 horas, ofrecerá non só a degustación deste prato en versión tradicional e sen glute, senón tamén racións de xamón cocido e chourizo. A festa completarase cun mercado de produtos locais e actuacións musicais de grupos tradicionais como “Tumba e Dálle” e “Grupo Lume”.
O alcalde de Trabada, Rubén García, salientou a importancia de aproveitar este tipo de encontros para difundir a riqueza gastronómica do municipio: “A Festa da Enfariñada non é só unha celebración, senón tamén un compromiso coa nosa tradición e cultura. Participar na Festa da Filloa de Muimenta é unha gran oportunidade para dar a coñecer a nosa gastronomía e convidar a todo o mundo a vivir en Trabada unha xornada única o 4 de maio”.
O Concello de Trabada convida a toda a veciñanza e visitantes a marcar a data no calendario e achegarse para saborear a tradición e seguir consolidando a Festa da Enfariñada como un referente gastronómico da provincia.





















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



