Foz, 2 de maio de 2025. O Concello de Foz presenta un novo e actualizado rueiro da vila e un mapa de todo o municipio.
A concelleira de Turismo, Kathy Navarro, destaca que “este novo rueiro abarca moita máis información que os existentes, que estaban moi desfasados. Comprende dende a situación dos apeadoiros de tren ata infraestruturas deportivas como o pavillón Torques de Marzán. Conta cunha toponimia máis rica, con paneis de flora e fauna, toponimia costeira e sinalización de interese das praias e rutas de sendeirismo. Tamén se marcan monumentos ou puntos de interese como as esculturas de O mariñeiro, A conversa e Os náufragos, entre outros. Podemos destacar os miradoiros, como o de Tamaniña e o Mirador da Ría. Apóstase tamén por un turismo activo coa sinalización do carril bici e de diversos elementos deportivos e de ocio coma os campos de fútbol, parques infantís e parques biosaludables ou a piscina municipal. Nesta nova guía incorporamos todos os edificios municipais e demais inmobles de interese: centro de saúde, colexios,…”.
Kathy Navarro engade que “veñen delimitadas dúas zonas: a comercial, en cor coral, e a zona de restauración e ocio nocturno, en cor malva. E na traseira deste rueiro dispoñemos dun completo mapa municipal, cos espazos protexidos, praias, patrimonio e rutas. Toda esta información estará dispoñible na oficina de turismo situada no edificio Cenima, en formato de bolsillo a disposición das veciñas e veciños e dos visitantes”.



















Este domingo, 8M, celebrouse un xantar no restaurante O Noso Lar no que participaron máis de 100 mulleres con posterior baile na Casa do Mar.
Reuniu na xornada deste sábado no pavillón de deportes a 700 ximnastas procedentes de diferentes puntos da provincia de Lugo e tamén dun club convidado de Pontevedra. Foi un día intenso de deporte e de convivencia, que tivo unha importante repercusión na hostalería local. Desde o Concello felicitan a todas as participantes, subliñan o traballo da organización (Escola Porta Norte) e agradecen o apoio das entidades colaboradoras.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
No marco do 8M, esta empresa de comunicación e publicidade decidiu celebrar a súa traxectoria reunindo a 18 mulleres diferentes para compartir as súas experiencias no ámbito persoal e profesional, co obxectivo de render un homenaxe á muller.
No acto, organizado coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e a área de Cultura do Concello, entregouse o Premio do Público ao filme Antes de Nós, de Ángeles Huerta, a obra máis votada pola cidadanía. A deputada de Cultura Iria Castro destacou que este encontro serve como adianto da gala e subliñou o orgullo de converter Lugo no epicentro do audiovisual galego durante estas semanas cheas de actividades arredor dos galardóns.
Cabe sinalar que o concello de Castro de Rei solicitou xa a súa adhesión ao novo convenio de xestión da biomasa nas faixas secundarias asinado entre a Consellería do Medio Rural e a empresa pública Seaga. Destacou así que a prevención é unha tarefa compartida por administracións e propietarios. Sinalou tamén as importantes novidades que presenta este convenio con respecto aos anteriores acordos, como é o incremento do orzamento, que ascende ata os 25 millóns de euros anuais.
A charla será impartida por Diego Fernández Méndez, colaborador da asociación, quen repasará a evolución do sector conserveiro e o seu impacto económico e social no municipio. A actividade inclúe un recoñecemento ás mulleres traballadoras de Conservas Albo, coincidindo coa conmemoración do 8M, cunha mención especial ás últimas empregadas que pecharon esta etapa histórica. A xornada rematará cunha degustación de produtos da marca.



