A CMR incumpriu o seu compromiso de activar no mes de abril as medidas de apoio ás produtoras/es de faba de Lourenzá
A Mariña, 2 de Maio 2025. O pasado 14 de marzo a conselleira do Medio Rural, María José Gómez, anunciou en Ribadeo, nun encontro con alcaldes e representantes municipais, unha batería de medidas para paliar as graves perdas da IXP Faba de Lourenzá na última colleita.
Entre as mesmas figuraban a concesión dunha axuda directa de minimis ás persoas produtoras inscritas na IXP que podería alcanzar os 2.000€/ha, así como a apertura, no mes de abril, dun instrumento financeiro para dotar de liquidez ás persoas agricultoras e gandeiras galegas en xeral e, de xeito específico, para as de Faba de Lourenzá, co fin de que puideran facer fronte á sementeira.
Sen embargo, logo deste anuncio e a súa correspondente difusión á través dos medios de comunicación, a Xunta de Galicia non activou absolutamente ningún procedemento para cumprir este compromiso. É dicir, estamos en maio e non hai convocatoria nin de axudas directas nin de instrumento financieiro.
“Os anuncios que fixo a Consellería para o mes de abril non se cumpriron e a xente está tendo que asumir agora absolutamente todos os gastos da nova plantación logo de ter perdido a práctica totalidade da última colleita. Xa temos constancia de que hai produtores que están a ter dificultades para afrontar os custos de produción e tiveron que devolver algún pedido, por exemplo de titores”, alerta a produtora de faba de Lourenzá e Secretaria Xeral do SLG-CCLL, Isabel Vilalba. “Esiximos á conselleira que active canto antes as medidas anunciadas, así como celeridade no desenvolvemento do traballo técnico preciso para axudar ás persoas produtoras nas enfermidades que afectan ao cultivo”.
Ademais, queremos reiterar a pertinencia de incluír nestas axudas directas á totalidade de produtoras e produtores de faba, dado que tal e como foron plantexadas inicialmente deixarían fóra á maioría das mesmas, ao estaren dirixidas unicamente ás 19 granxas inscritas na IXP.
Precisamente nos días previos ao anuncio de medidas da Consellaría do Medio Rural (CMR) no mes de marzo, e logo de mantermos vairas xuntanzas co sector produtor galego e asturiano, a produtora e Secretaria Xeral do SLG, Isabel Vilalba; a economista especializada en políticas agrarias europeas e representante polo SLG no Comité Rexional do PEPAC, Ana Rodríguez; a produtora Milagros Gómez e a produtora e envasadora Carmen Seijo entrevistáronse co director da Axencia Galega de Calidade Alimentaria (AGACAL), Martín Alemparte.
Nesta xuntanza dende o SLG realizamos varias propostas concretas de axudas que a Xunta de Galicia podería pór en marcha para que as importantes perdas na colleita deste ano non impliquen un golpe que deixe polo camiño ducias de produtoras e produtores.
Reiteramos hoxe novamente estas demandas á Consellería do Medio Rural:
-Preferentemente da man do Principado de Asturias, defensa en Madrid dunha axuda asociada para a faba na PAC suficiente, como xa existe noutros países europeos como Francia.
-Axuda agroambiental para a faba de 635 euros/hectárea (que xa saca este ano Asturias).
-Axuda de crise con fondos propios para todas as persoas produtoras de faba independentemente da súa inscrición na IXP.
Dende o Sindicato Labrego Galego levamos advertindo da vulnerabilidade do sector produtor de faba e solicitando actuacións xa dende finais do ano pasado, un tempo máis que razoable para que a Consellaría tomase cartas no asunto. Fai xa medio ano tamén que solicitamos unha reunión ca conselleira María José Gómez, á que inda non nos respostaron.




















A partir das 19:45 horas abrirán a xornada o Cuarteto Illa Pancha e Tradigalu, mentres que desde as 20:00 horas se poderán degustar hamburguesas á parrilla, bocadillos de panceta e chourizos asados. Xa pola noite, ás 21:30, tomarán o relevo Mi Rollo es el Rock, antes da tradicional fogueira de San Xoán, prevista para as 00:00 horas. A celebración, organizada por A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo e a Deputación de Lugo, inclúe tamén o sorteo dunha paleta de cocho e contará con aparcamento habilitado no Estanco da Praia do Torno.
A Garda Civil de Burela tomou declaración este 10 de xuño a unha representante do departamento en liña de Porcelana de Sargadelos, que denunciou unha estafa na que se emprega a imaxe da empresa para enganar clientes. Segundo explicou, desde finais de abril están a aparecer páxinas web falsas con descontos do 80% e perfís fraudulentos en redes sociais como Instagram, TikTok e Facebook, a través dos que varios usuarios xa foron estafados. A compañía presentou denuncias contra distintos dominios e contas, das que só unha continúa activa, e achegou tamén os rexistros da marca e as comunicacións realizadas ante Meta. A denuncia foi formalizada no cuartel da Garda Civil de Burela, onde quedou incorporada ás dilixencias abertas polo corpo.
O deputado galego Francisco Millán Mon explicoulles o día a día da súa actividade nesta cámara e a importancia da Unión Europea para Galicia e viceversa. Desde a dirección do centro agradecen “a súa exposición e o trato dispensado ao alumnado e profesorado desprazado a Bruxelas”. Neste 2026 cúmprense 40 anos da adhesión de España á Comunidade Económica Europea, así se denominaba naquel momento. O IES de Ribadeo é Escola Mentora do Programa Escolas Embaixadoras do Parlamento Europeo.
Foi unha xornada máxica na que a música e a convivencia se deron a man nunha contorna única. Os instrumentos de corda encheron de melodías os xardíns do centro, creando unha atmosfera especial que emocionou ao público asistente e puxo en valor o talento e a ilusión da mocidade. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, non quixo perderse esta cita tan especial e desfrutou da tarde xunto ás persoas usuarias, e o persoal do centro. Durante o encontro, agradeceu o convite e felicitou á organización por promover actividades que fomentan a cultura, a inclusión e os espazos de encontro entre a veciñanza.
A mostra, aberta na sala de exposicións do Auditorio Municipal de luns a venres entre as 18:00 e as 22:00 horas, reúne preto de 30 obras de artistas emerxentes e consolidados, ofrecendo diversas miradas sobre a paisaxe, a identidade, a memoria e a realidade contemporánea. A alcaldesa, Marta Rouco, destacou o valor de que Vilalba forme parte desta programación compartida e o impacto positivo que supón para a actividade cultural local.
No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A saída será ás 10:00 desde El Bao, con autobuses ás 9:00 desde Navia, e a chegada arredor das 16:30 seguida dunha festa na dársena. As inscricións estarán abertas do 31 de maio ao 12 de xuño na Casa do Deporte ou en liña por 7 €. O Concello anima a participar nesta cita que combina natureza, deporte e convivencia.



