As mariñás volven lograrlo nun partido moi parello e competido no que as laranxas se impuxeron na segunda parte
Burela, 4 de maio, 2025. O conxunto feminino do Burela FS disputou este mediodía a final da Copa da Raíña repetíndose o mesmo patrón que na final da Supercopa, pero con outro desenlace, o partido que estaba en todas as quinielas, ante o Melilla Ciudad do Deporte Torreblanca, ás 16.00h desta tarde no Palacio dos Deportes de Cartaxena. Desde Lugo e Burela asistiron ao partido representantes institucionais do noso equipo, Efrén Castro Caloto, vicepresidente da Deputación de Lugo, e Carmela López Moreno, alcaldesa de Burela.
Xogo moi parello dende o primeiro minuto de partido ata o final. Un disparo desviado de Dinha no minuto tres será o primeiro tiro a porta do encontro e segundos despois terá outra ocasión o Melilla nunha falta perigosa por man de Cami. Presión alta do Melilla que non permite ao Burela avanzar. Salvaa sobre a liña Caridad tras un saque de banda no que o balón toca en Antía na súa traxectoria cara a portería, desviando o balón cara a dentro, pero a porteira gaditana logra atrapala e volve intervir no minuto 6 negando o primeiro tanto do partido a Bía Souza. Levántase o Burela e aumenta a presión conseguindo manterse na área rival e mantendo á marxe a súa durante os próximos minutos. Remate de Antía Pérez cun disparo cruzado que se vai pasando o segundo pau no minuto 12. Despexa Caridad no 13 nun cara a cara con Silvina e segundos despois case anota o primeiro Dinha tras unha boa transición pola banda un disparo cruzado que desvía Bía a córner. Continúa o xogo parello, con moito xogo de balón e dificultades para chegar a portería por parte de ambos equipos. Boa saída de Bía que frustra un contraataque de Antía Pérez pola banda. Tras un tempo morto para o Burela nos últimos segundos, atrápaa en dous tempos Caridad, nunha boa chegada a portería de Ana Luiza. Chega o descanso 0-0 no marcador tras unha primeira parte igualadísima, con moito ritmo aínda que sen goles.
Saen os dous equipos con forza deste descanso e tras dúas pequenas ocasións tena Emilly no minuto 22, que dispara un trallazo incrible a porta pero Bía despexa a córner. Váiselle a Jane desviado tras un bo contraataque e chega o 0-1 para o Burela, cun gol de Antía Pérez nun erro de entendemento entre Bía e Jane que regala o balón á xogadora ourensá e métea desde a área sen porteira. Pero no 28 Silvina empata o encontro un minuto despois aproveitando a situación de inferioridade do Burela, con 3 xogadoras, tras a expulsión de Emilly por dobre amarela. Ponse máis emocionante aínda o encontro, no minuto 30 dobre ocasión, unha de cada equipo, cun bo contraataque de Dany que dispara e saca co pé Bía e posteriormente Amandinha no contragolpe que non logra superar a Caridad cun balón picado. No minuto 32 o Burela logra adiantar o marcador cun tanto de Patricia tras un jugadón de Antía que a rouba e combina con Noelia Montoro e a yeclana que finaliza. E o terceiro un minuto despois, un gol de Carolina Pedreira tras un disparo desde fóra da área que toca na Ana Luiza desviando a traxectoria do balón e entrando na portería. Comeza a presionar o conxunto de Morenín con xogo de 5, con Juliana de porteira-xogadora no minuto 35 e no 37 quinta falta do Burela. Varias ocasións consecutivas das melillenses que non logran superar á defensa burelense. Sae Jane coa elástica branca nestes minutos de presión con porteira-xogadora. Dous disparos afastados do Burela que non atopan a portería baleira do Melilla e continúa buscando o Melilla o tanto, que chega a 10 segundos do final cun Gol de Bía Souza cun disparo cruzado que entra xunto ao pau nunha presión con porteira-xogadora. Dez longos segundos finais rematan con 2-3 e a sétima Copa da Raíña para o equipo feminino do CD Burela FS.
Ficha Técnica Melilla Ciudad del Deporte Torreblanca 2-3 Burela FS
Melilla Ciudad del Deporte Torreblanca (2): Bía; Ana Luiza, Anandinha, Silvina, Jane –cinco inicial-, Bía Souza, Juliana, Lydia, Nega, Jheniff
Burela FS (3): Caridad; Dany, Dinha, Cami, Emilly -quinteto inicial-, Antía Pérez, Noelia Montoro, Patricia, Débora, Cilene, Carolina Pedreira.
Goles: 0-1, min. 31: Antía Pérez. 1-1, min. 28: Silvina. 1-2, min. 32: Patricia. 1-3, min. 33: Carolina Pedreira. 2-3, min.40: Bía Souza.
Árbitros: Noelia Gutierrez Muñoz, Marta Garvalena Crespo, Paula Álvarez Nogueiro, Tiare Valencia Olivares, Gustavo Leal Pérez.
TA: Por parte del Melilla, Jane, Bía y Amandinha. Por parte del Burela, Emilly (AA)
TR: Emilly (AA)






















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



