Burela, 13 de maio, 2025. A obra de José João R. Rodrigues analiza o proceso sociopolítico de dotar a lingua galega dunha norma ortográfica
O libro será presentado polo autor e o profesor Bernardo Penabade o sábado 16 de maio ás 19 horas no centro social Xebra, na rúa Leandro Cucurny 19 (Burela)
O centro social Xebra! acolle este venres 16 de maio a presentación de ‘Assim nasceu uma norma. Pequena história da corrida linguística na Galiza entre 1970 e 1983’ (Através Editora), o ensaio do filólogo José João R. Rodrigues. A actividade será de balde e comezará ás 19 horas, cando o propio autor e o profesor Bernardo Penabade desenvolvan un coloquio sobre a obra.
Este traballo de investigación investiga a definición da norma linguística galega “e o uso que a sociedade irá dar-lhe”, apunta o doutor en filoloxía Elías Torres Feijóo, prologuista da obra.
O autor, José João R. Rodrigues, naceu na Coruña en 1998 e cursou Lingua e Literatura galegas na Universidade de Santiago de Compostela. Na actualidade reside na capital galega e fai parte do Espaço Clara Corbelhe, do seu consello de redacción e do Novas da Galiza, onde tamén coordina o equipo de corrección lingüística.






















Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
A alcaldesa Marta Rouco inaugurou a cita, que abriu coa IV Volta Ciclista á Terra Chá e cunha programación centrada na relación entre Galicia e Cuba e na memoria da emigración. Houbo unha mesa redonda sobre o Centro Galego da Habana, a exposición Galicia Imaxinada e música, ademais dunha mostra de xornais antigos. Rouco reivindicou a importancia de lembrar a emigración galega e apelou a mirar con humanidade as migracións actuais, destacando tamén o papel das asociacións culturais das parroquias na conservación das tradicións. A feira continúa con desfile de época, xantar popular, xogos, animación, baile cubano, foliada, queimada e propostas musicais e artesanais ata a noite.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Ocorreu minutos antes das 11:30 horas. Unha persoa foi trasladada ao hospital tras resultar ferida na colisión entre un coche e un autobús no quilómetro 512 da A-8 en sentido A Coruña, en Vilaframil (Ribadeo). Entre os alertadores estiveron as persoas que viaxaban no coche, que puideran saír do vehículo. Por outra banda, o autobús conseguiu deterse uns metros máis adiante. Ao punto desprazáronse Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da autovía.
Finalizado o encontro, de carácter privado, o Cónsul asinou no Libro de Ouro da Deputación e a Presidenta fíxolle entrega dun agasallo institucional. Trala xuntanza Carmela López manifestou a súa satisfacción porque “traballamos para avanzar en novas vías de colaboración, e en posibles proxectos que serven para reforzar a relación entre a Deputación e o veciño país de Portugal”.


