Os populares denuncian que o alcalde focense continúa coa súa estratexia de confusión e engano, anunciando movementos sen consensuar cos grupos municipais nin coas familias afectadas
Foz, 13 de maio de 2025. O Partido Popular de Foz expresa a súa profunda indignación tras coñecer pola prensa as intencións de Cajoto respecto á residencia de maiores. O voceiro popular, Javier Castiñeira, é claro: “Sentímonos indignados ao ver como Cajoto pretende recibir a residencia da Xunta para logo feirear con ela con outras administracións. É unha falta de respecto e unha traizón tanto á soberanía municipal coma aos usuarios e traballadores”.
O PP de Foz denuncia que o alcalde continúa coa súa estratexia de confusión e engano, anunciando movementos sen consensuar cos grupos municipais nin coas familias afectadas.
A residencia, conseguida grazas ao esforzo conxunto do anterior goberno local do PP e da Xunta de Galicia, funcionou perfectamente ata que Cajoto decidiu impoñer uns prezos abusivos sen garantir axudas para quen non os puidera asumir.
O PP deixa clara a súa posición: non apoiará ningún movemento sobre a titularidade da residencia mentres non se garanta un modelo de xestión municipal e axudas efectivas aos usuarios e non permitirá que a residencia se converta nunha moeda de cambio para financiar os caprichos propagandísticos, as obras mal executadas ou as festas preelectorais de Cajoto.
“Non nos fíamos do señor Cajoto. O único que pretende é desfacerse da residencia e utilizar eses recursos para seguir malgastando”, engade Castiñeira.
Por todo isto, o PP esixe unha convocatoria inmediata dunha reunión cos voceiros da corporación municipal e coa plataforma de familiares dos usuarios da residencia para que o alcalde explique cara a cara as súas intencións, e para que “escoite tamén a nosa posición, evitando así novas sorpresas ou máis episodios de desinformación.
Desde o Partido Popular de Foz defenderán sempre un modelo de residencia público, municipal, accesible e digno, fronte aos intereses partidistas e electoralistas do actual alcalde.



















O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.
Neste espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falará coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda, co coordinador do evento, José Ríos, así como con alumnado e profesorado participante e moi implicado nos Campionatos Internacionais de Baristas e Catas de Café, que estes días enchen Foz de xente e de aroma cafeteiro.
Os propietarios, Javier Montero e Tita Iglesias, recolleron o recoñecemento na Coruña, agradecendo o apoio da clientela, do seu equipo —formado integramente por mulleres— e da propia guía. O establecemento mantén esta recomendación desde 2021 e suma tamén un Sol Repsol, obtido en 2024 e renovado para 2026. O hotel restaurante Javier Montero abriu as súas portas en novembro de 2018.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándido Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
A xornada comezou cun aperitivo no bar O Colorado, onde os socios se reuniron para o tradicional brinde previo ao xantar. O encontro continuou no Restaurante Asturias nun ambiente de fraternidade, gozando dun cocido digno de exaltación e dunha longa sobremesa. Durante a velada, os asistentes compartiron lembranzas e falaron das actividades que a asociación prepara para o futuro, nun ano no que Os Cacholeiros se achegan ao seu 35º aniversario. A entidade aproveita esta celebración para reivindicar unha vez máis os pratos tradicionais, elaborados con produtos locais e de tempada, e o labor dos establecementos hostaleiros do concello e da comarca.
A cita terá lugar ás 14.30 horas no Restaurante Louzao, en Area. A actividade, promovida polo Centro de Información á Muller e pola Delegación Municipal da Muller do Concello de Viveiro, está concibida como un encontro de convivencia e participación arredor do 8M. O prezo do xantar é de 50 euros. O Concello de Viveiro publicará nos vindeiros días a programación completa organizada con motivo do 8M.
A presidenta da Deputación, Carmela López, e outros cargos do PSdeG destacaron o valor do grelo como produto emblemático e subliñaron que iniciativas como esta impulsan a economía local, apoian ao sector produtor e reforzan a identidade do rural lucense.



