Néstor Rego realizará unha pregunta oral ao Goberno na Comisión de Industria do Congreso para evitar unha posíbel manobra de desmantelamento industrial, tal e como aconteceu con Alcoa-A Coruña e Avilés
Madrid, 18 de maio de 2025. A O Bloque Nacionalista Galego reclamará ao Goberno do Estado actuacións urxentes que garantan a continuidade da actividade industrial e o mantemento dos postos de traballo na planta de Alcoa en San Cibrao. Faino tras as últimas comunicacións da empresa ao persoal, nas que utiliza como nova escusa o recente apagón eléctrico para sementar incerteza sobre o reinicio da produción e o futuro da factoría.
O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, preguntará ao executivo do Estado na Comisión de Industria da cámara baixa “que accións iniciará o Goberno para asegurar o mantemento da actividade e do emprego en San Cibrao, ante a recente comunicación de Alcoa aos traballadores e traballadoras en que, utilizando como pretexto o apagón, sementa dúbidas sobre a continuidade da factoría na Mariña, especialmente, despois de que o Ministerio asinou un Memorando de Entendemento secreto coa compañía?”.
Rego critica que Alcoa continúe acumulando pretextos para non cumprir cos compromisos adquiridos, e que o Goberno do Estado manteña unha actitude permisiva e opaca. “É inaceptábel que o Ministerio de Industria actúe como cómplice dunha estratexia que parece encamiñada a fechar a planta, igual que xa aconteceu na Coruña e Avilés. Hai un Memorando de Entendemento asinado entre a empresa, o Ministerio e a Xunta, que non é público e que o comité de empresa descoñece, mais xa se percibe que non garante nin os investimentos previstos nin o futuro da fábrica” denuncia.
O BNG advirte de que a utilización do apagón como escusa para atrasar ou anular o reinicio da produción forma parte dunha manobra deliberada da empresa, que leva anos amagando con fechar e que se aínda non o fixo foi pola presión sindical, social e política. “Como, infelizmente, xa existen os precedentes da Coruña e Avilés, os gobernos deben estar vixiantes para evitar calquera tentativa de desmantelamento” alerta o deputado.
Existen solucións, falta vontade política
A formación nacionalista insiste en que existen alternativas reais para garantir a subministración eléctrica á planta mentres non se materializan os contratos de enerxía a longo prazo (PPAs). “Galiza exporta máis de 40% da electricidade que produce. Hai enerxía suficiente. O que falta é vontade política para obrigar a Alcoa a cumprir” subliña Rego.
O BNG demanda que o executivo obrigue a empresa a realizar os investimentos comprometidos, en especial a construción do forno de ánodos, clave para a continuidade da actividade. Ademais, propón mecanismos como a concesión de créditos reembolsábeis para asegurar que eses investimentos se executen.
A intervención pública debe estar enriba da mesa
Finalmente, Rego lembra que a Sociedad Estatal de Participaciones Industriales (SEPI) debe estar preparada para intervir a planta se Alcoa persiste na súa actitude. “O Goberno non pode seguir de brazos cruzados. Ten que actuar con decisión e poñer os intereses da industria e do emprego por riba dos da multinacional. Se Alcoa non quere producir, que o diga, e que deixe paso a quen si queira facelo. Sempre hai unha opción: a intervención pública” sentenza o deputado nacionalista.























O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.
Presidenta e xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, acudiron ao Teatro a escoitar a Pepe Conde, quen fora xefe do servizo de cirurxía do HULA e persoa moi vinculada a esta vila por motivos familiares. Co seu pregón arrincaron varios días festexos que rematarán o vindeiro martes, día da patroa. Cruzado e Pérez departiron cos responsables da comisión das festas minutos antes do inicio do pregón.
No acto tamén estivo o presidente de ACRUGA, César Dorado Pin, e outras autoridades. López destacou a importancia do certame e entregou os trofeos. A Granxa Gayoso Castro, situada en Castro de Rei, é un referente provincial pola súa labor de formación, investigación e apoio á recría de Rubia Galega en colaboración coa USC e ACRUGA.
A sesión incluirá a proxección da peza, de 27 minutos de duración, e un coloquio con Ugía Pedreira sobre música, saúde e outros temas. A obra forma parte da selección oficial do Barcelona Indie Filmmakers Festival (BARCIF) 2025 e a actividade está promovida por A Pomba do Arco.
O evento comezou cunha misa na igrexa parroquial de Santa María de Meira e a continuación, tivo lugar o tradicional xantar no Pavillón dos Deportes e o recoñecemento ao home e á muller de maior idade do municipio. Nesta xornada de convivencia, Fernández Méndez puxo en valor a contribución das persoas maiores á sociedade e enxalzou o seu papel activo no municipio, “é unha satisfacción compartir este día coas nosas persoas maiores, que tanto teñen achegado á sociedade e que merecen espazos de encontro e celebración como este”.
Será desde as 11 horas. Trátase dun reto por parellas no que enxeño, concentración e traballo en equipo serán claves para completar o puzzle no menor tempo posible. Agárdase a participación duns 40 equipos e haberá premios para os tres mellores tempos e un recoñecemento ao mellor tempo local. O Concello de Cervo anima a apoiar



